Home A Coruña Miño lidera a creación dun novo servizo de atención temperá para nenos...

Miño lidera a creación dun novo servizo de atención temperá para nenos e nenas de 0 a 6 anos

- Anuncio -

● Os nenos e nenas de Vilarmaior e Pontedeume tamén se beneficiarán deste novo servizo, que se poñerá en funcionamento en 2025.

O Concello de Miño anuncia a posta en marcha dun novo servizo de atención temperá dirixido a nenos e nenas de entre 0 e 6 anos, un proxecto que tamén beneficiará aos municipios de Vilarmaior e Pontedeume. Esta iniciativa, financiada con preto de 250.000 euros divididos en dúas anualidades (2025 e 2026), responde a unha crecente demanda social e permitirá ofrecer apoio profesional aos menores da zona sen a necesidade de que as familias teñan que desprazarse ata A Coruña, como ocorría ata o de agora.

O novo servizo implementarase na primeira planta do Centro Social de Leiro, un espazo que será acondicionado especificamente para albergar esta importante prestación social. Este servizo, de carácter multidisciplinar, contará con equipos especializados en psicoloxía, logopedia e terapia ocupacional, co obxectivo de ofrecer unha atención integral a nenos e nenas con necesidades especiais no seu desenvolvemento ou con risco de padecelas.

O servizo de atención temperá está deseñado para detectar, previr e intervir en posibles trastornos do desenvolvemento infantil a idades temperás, proporcionando aos menores os apoios necesarios para mellorar as súas capacidades e favorecer a súa inclusión social. Este programa contribuirá significativamente a mellorar o benestar dos nenos e nenas da comarca, brindando atención personalizada nunha contorna próxima e accesible, así como a posibilidade de conciliar ás familias.

Promesa electoral cumprida

Este servizo de atención temperá foi unha das promesas electorais do actual goberno local e enmárcase dentro dun plan de mellora integral dos servizos sociais municipais. Durante anos, as familias de Miño, Vilarmaior e Pontedeume enfrontábanse á dificultade de ter que desprazarse ata A Coruña para que os seus fillos recibisen este tipo de atención, o que supoñía un obstáculo, tanto polas longas distancias como pola falta de prazas nos centros de referencia. Este novo proxecto permitirá que os e as menores accedan de maneira máis fácil a servizos de calidade, eliminando as barreiras xeográficas e ampliando a oferta dispoñible.

A localización acordouse coa asociación veciñal encargada da xestión do Centro Social de Leiro, o que facilitou que o espazo se adapte de maneira óptima para o desenvolvemento das actividades. Ademais, concedéronse todas as horas de atención solicitadas para o servizo, asegurando unha cobertura total das necesidades detectadas na comarca.

O proxecto foi posible grazas ao cofinanciamento de fondos europeos, no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, así como á contribución da Xunta de Galicia. Esta colaboración foi clave para asegurar a sustentabilidade económica do servizo durante as dúas anualidades previstas (2025 e 2026), o que garantirá a continuidade e calidade do programa.
Desde os Servizos Sociais de Miño se subray a importancia deste proxecto para as familias da comarca: “Este novo servizo é un paso decisivo no noso compromiso coas familias e co benestar dos máis pequenos e pequenas. Coa posta en marcha deste programa, eliminamos unha barreira moi importante que afectaba a moitas familias que non podían acceder á atención temperá pola distancia dos centros especializados. Agora, os nenos e nenas de Miño, Vilarmaior e Pontedeume terán acceso a un equipo profesional na súa propia contorna, o que permitirá unha intervención máis áxil e efectiva.”
O Concello de Miño confirma que o servizo estará operativo a partir de xaneiro de 2025 e que se prevé un horario de mañá e tarde de luns a xoves e só de mañá os venres.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas