Home Pontevedra A Paradanta Arbo, amplía a Exposición Permanente do “Museo Arabo”

Arbo, amplía a Exposición Permanente do “Museo Arabo”

- Anuncio -
  • Jose Juan Domínguez, Arbense Dstinguido no ano 2022, cede gratuitamente bens da súa propiedade, utilizados antano para a colleita de uvas, millo, froitos da horta… para a Exposición Permanente do Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”.
  • O Concello de Arbo, aceptaba por resolución da alcaldía o pasado mes a cesión do aperos de labranza, que serán incorporados ao Museo Arabo
  • Museo Arabo, un lugar onde comprender a enorme vinculación histórica dos arbenses co viño e a lamprea.

Jose Juan Domínguez, Arbense Dstinguido no ano 2022, pola importante labor desenvolvida e por ser un excelente embaixador de ARBO ao longo da súa longa carreira aeronáutica de preto de 39 anos, tras máis de 21.000 horas de voo e voar ao redor de 20 aeronaves de diferentes modelos e tecnoloxía e por deixar reflectido para sempre nas cartas aeronáuticas mundiais o nome de ARBO, cede gratuitamente bens da súa propiedade, utilizados antano para a colleita de uvas, millo, froitos da horta… entre os que se atopan unha debulladora de millo, unha encorchadora, unha “estrujadora”, un cesto de madeira, unha maquina sulfatadora, un carro e un “pote de augardente” que serán incorporados a Exposición Permanente do Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”,
O Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “ARABO”, de titularidade municipal, é un museo enogastronómico, que ten como principal obxetivo a promoción e a divulgación da Lamprea e os Viños de Arbo, así como a dinamización dos nosos sectores productivos asociados ao turismo: as adegas, a hosteleria e o turismo rural.
O Museo Arabo, que abriu as súas portas no ano 2003, coroa as terras do viño do Condado de Tea. Está conformado por tres plantas, estando a inferior composta por recepción, un salón de actos e unha viñoteca facendo honra aos nosos prezados caldos, onde veciños/as e visitantes poden atopar os viños, licores e espumosos das adegas de Arbo.
Na segunda planta do museo, atopamonos con dúas salas, unha dedicada a historia de Arbo e outra adicada ao viño donde nos atopámos cunha breve historia do viño no noso país, información sobre as adegas de Arbo, xogos interactivos e apeiros utilizados nas adegas arbenses na antigüidade.
Desde o Concello, estamos centrados en novos proxectos para a promoción de Arbo e os seus recursos turísticos. Se para Arbo, o ano 2023 foi un gran ano con moitos acontecementos importantes, o 2024 e sucesivos, esperamos seguir obtendo os logros e recompensas ao traballo que estamos a realizar dende o Consistorio en Turismo e Promoción e entre eses programas esta a mellora dos contidos do Museo- Informa o alcalde de Arbo, Horacio Gil
O Museo Arabo, conta actualmente cunha exposición sobre a historia e patrimonio de Arbo, o Viño, a Lamprea, unha maqueta das pesqueiras e a historia da Festa da Lamprea.
O Museo Arabo, esta experimentando unha forte afluencia de visitantes. Revisado datos e as estadisticas públicadas, demóstrase que Arbo é un reclamo turístico, un total de 550 persoas pasaron polo Museo Arabo e por Arbo no mes de outubro, para coñecera as costumes, o patrimonio, o Museo, a Lamprea e os viños das adegas de Arbo, chegados de distintos municipios de Galicia, Madrid e do país veciño Portugal- remata o rexedor Horacio Gil Exposito.

Relacionadas

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

Rafa Domínguez participa na reunión do Comité Organizador do Tríatlon Multideporte 2025

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este mércores na reunión do Comité Organizador do Campionato do Mundo de Tríatlon Multideporte que...

Luisa Sánchez participa en Vigo na presentación do Gastro Movida Summit 2024

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe na presentación da terceira edición do Gastro Movida Summit, unha cita que reunirá en Vigo entre o...

A Xunta de Goberno Local do Concello de Salvaterra de Miño aproba a solicitude...

0
O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar a solicitude que presentará á convocatoria do Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra da Deputación...

Publicacións Relacionadas