Home A Coruña Laxe instala 4 paneis informativos en diferentes miradoiros do municipio

Laxe instala 4 paneis informativos en diferentes miradoiros do municipio

- Anuncio -

·       Os puntos nos que se colocaron os indicadores son os miradoiros de Cabo da Area, Santa Rosa, o Faro de Laxe e o cemiterio.

O Concello de Laxe acaba de executar un proxecto de deseño e instalación de 4 paneis informativos co fin de dar contido a varios miradoiros mediante a colocación destes indicadores explicativos do que se ve dende ditas posicións.

Deste xeito, desde o Faro apréciase unha panorámica dificilmente localizable para as persoas que non son do lugar, coma as diferentes vilas que desde o punto se aprecian. Outra característica que non se ve é a forma do litoral coas súas diferentes furnas, así como a sinalización de que dita zona é un lugar excelente coma punto de observación Starlight. Por outro lado, coa instalación destes paneis informativos o goberno local busca poñer en valor a súa riqueza medioambiental e paisaxística, elevando o seu interese por visitalos.

Esta actuación está subvencionada polo Concello de Laxe e pola Consellería do Mar, mediante o GALP “Costa da Morte”, tendo un orzamento total que ascende a 14.998,95 €.

O alcalde de Laxe, Francisco Charlín, manifesta que con esta actuación “continuamos mellorando o servizo de información dos nosos recursos turísticos para todos aqueles que nos visitan, á vez que concienciamos da necesidade de preservar a nosa contorna como un valor engadido para a xeracións futuras”.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas