Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación presenta a súa Axenda Urbana e Rural co obxectivo de...

A Deputación presenta a súa Axenda Urbana e Rural co obxectivo de facilitar a captación de fondos europeos para investimentos provinciais

- Anuncio -

As deputadas provinciais María Ramallo e Belén Cachafeiro deron conta da folla de ruta que definirá a acción de goberno da institución e guiará as políticas públicas de desenvolvemento sostible do territorio

AUPO 2030 está estruturada en seis dimensións con preto de 40 liñas de acción que inclúen a mellora dos servizos e infraestruturas públicas, o fomento do emprendemento ou a xestión sostible dos recursos naturais

As deputadas provinciais María Ramallo e Belén Cachafeiro presentaron este mércores no Pazo provincial a AUPO 2030, a Axenda Urbana e Rural da Deputación de Pontevedra, que servirá como folla de ruta para o desenvolvemento sostible da provincia e para guiar a acción de goberno da institución nos próximos anos. O proxecto suporá unha forma de definición e coordinación das políticas públicas impulsadas pola Deputación que permitan ás comunidades ser máis acolledoras, sostibles e competitivas.

María Ramallo, deputada de Cooperación Local, lembrou que AUPO 2030 está estruturada en torno a dez ámbitos clave “que abordan retos como a planificación urbana, a mobilidade, o medio ambiente ou a cohesión social, integrando todo isto nun marco estratéxico propio da nosa provincia”, poñendo á vez no foco “a capacidade para coordinar as estratexias locais coas políticas nacionais e internacionais”. A deputada sinalou que a axenda ten dous grandes obxectivos: “deseñar unha estratexia a medio prazo para a propia Deputación, incorporando programas que xa estamos a desenvolver”, e “crear un marco que aliñe as políticas provinciais para facilitar o acceso aos fondos europeos, que serán unha panca esencial para o desenvolvemento dos concellos”. Neste sentido, puxo en valor que a Axenda Urbana e Rural “actuará como un paraugas para que todos os concellos poidan beneficiarse das oportunidades de financiamento europeo, cun enfoque ambiental, sostible economicamente e inclusivo socialmente”.

Pola súa parte, Belén Cachafeiro, deputada de Fondos Europeos, Innovación e Axenda Dixital, incidiu en que a AUPO 2030 se construíu a través dun proceso participativo “que facilita, por un lado, que os 61 concellos a asuman como propia, e polo outro, aliñar os marcos de traballo municipais coa nosa estratexia”. A deputada provincial sinalou que “a implicación activa é fundamental para a transformación da provincia e para que este plan non sexa só unha folla de ruta, senón unha resposta real ás necesidades e aspiracións da xente”. E, neste eido, recordou que o proceso de participación, que consistiu en mesas de traballo territoriais, ademais de puntos de información á cidadanía e enquisas nas que participaron máis de 300 persoas, permitiu elaborar “unha proposta de desafíos, obxectivos e liñas de acción” que foron sometidos á valoración dos principais axentes da provincia, ademais de todos os departamentos da Deputación. O resultado é “un novo marco de gobernanza que asegura que todas as decisións están consensuadas e teñen en conta as necesidades reais”.
As seis dimensións da AUPO 2030
A Axenda Urbana e Rural da Provincia de Pontevedra, AUPO 2030, está estruturada en seis dimensións cun total de 38 liñas de acción. A primeira, Cohesión e vertebración do territorio, busca garantir a organización do territorio provincial e o acceso universal aos servizos públicos de calidade, aproveitando as oportunidades da dixitalización a participación activa e a colaboración municipal. Entre as liñas de acción salientan incrementar os itinerarios peonís e ciclistas, mellorar a seguridade nas vías públicas, mellorar a administración electrónica, potenciar instrumentos de gobernanza e colaboración horizontal ou desenvolver un modelo territorial equilibrado e policéntrico.

A segunda dimensión é a Cohesión e integración social, que ten o obxectivo de lograr a inclusión social, cultural e xeracional das persoas para que todas (en especial a mocidade) poidan desenvolver o seu proxecto vital na provincia. Nas liñas de acción salientan a atención e cobertura das necesidades básicas das persoas vulnerables, a mellora da calidade de vida no rural, o fomento da igualdade de xénero, o impulso da cultura e idioma galegos como ferramenta de identidade e integración ou a dotación de equipamentos, servizos e programas adaptados ás poboacións de menor e de maior idade.

A terceira dimensión, Desenvolvemento económico e empresarial, busca crear oportunidades a través do aproveitamento dos recursos locais, o reforzo do tecido empresarial e a promoción do emprendemento. Nas liñas de acción destacan o fomento de prácticas sostibles no sector primario, o impulso do comercio local a través da innovación e o uso de novas tecnoloxías, o impulso do emprendemento en sectores que faciliten a diversificación da actividade económica e o desenvolvemento da gastronomía e do turismo sostible.

A cuarta dimensión, Natureza, patrimonio e identidade territorial, busca protexer e valorizar o patrimonio e a paisaxe e preservar o territorio fronte aos desastres naturais e os efectos do cambio climático. Entre as liñas de acción, inclúe o desenvolvemento dunha estratexia de infraestrutura verde e azul provincial, a conservación, restauración e protección de espazos naturais e tamén do patrimonio cultural, así como a defensa do monte e a xestión sostible dos recursos forestais.

A quinta dimensión é a Calidade de vida, accesibilidade e igualdade, co obxectivo de fomentar a calidade, a seguridade e a accesibilidade do espazo público así como facilitar o incremento da oferta de vivenda accesible, en especial nas zonas rurais, para colectivos de xente nova e persoas en risco de exclusión, así como novas formas de comunidade para maiores. Entre as liñas de acción atópanse a creación de espazos públicos accesibles e mellora da calidade urbana, a rexeneración e activación dos espazos públicos rurais, a rehabilitación de vivendas abandonadas nos núcleos rurais e o impulso de vivendas comunitarias para maiores.

Por último, a sexta dimensión, Metabolismo territorial circular, consiste na xestión de forma eficiente dos recursos (auga e enerxía) e na redución da xeración de residuos. Neste sentido, as liñas de acción propostas xa forman parte das políticas activas da Deputación, como o impulso de edificios e infraestruturas eficientes, o impulso de comunidades enerxéticas locais (a Oficina de Transformación Comunitaria) ou de redes de abastecemento e saneamento eficientes, así como a separación e recollida comercial dos residuos en orixe (cos plans de compostaxe).

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas