Home Lugo O Craega recibiu na súa sede en Monforte ao medallista olímpico Damián...

O Craega recibiu na súa sede en Monforte ao medallista olímpico Damián Ramos, do Louriña

- Anuncio -

Con motivo do remate da tempada, o presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), Francisco López Valladares, reuniuse esta mañá en Monforte de Lemos co presidente do equipo ciclista Louriña, Juan José Álvarez; co director deportivo do Club, Vicente Giner, e cun dos corredores do equipo adaptado Lasal Cocinas-Craega, Damián Ramos, que recentemente gañou unha medalla de bronce nos Xogos Paralímpicos de París, nunha proba de en contra o reloxo, na CRI C4.

As sensacións do equipo unha vez rematada a tempada foron boas, con diversos resultados destacados nas diferentes categorías do Club. Durante este ano, participaron en máis de setenta probas a nivel nacional. O número de licencias que expediron roldan, aproximadamente, as 140.

Tanto a categoría masculina, como a feminina e a adaptada do Louriña participaron na Copa de España e nas probas máis importantes que se disputaron. De feito, no ránking nacional, o equipo masculino conseguiu quedar en sexta posición. Este Club, que durante o ano que vén celebra o seu décimo aniversario, foi o único de toda España en enviar a tres xuvenís aos mundiais.

O presidente do equipo expresou que “nos gustaría que cada unha das seccións que temos chegue ao seu máximo nivel e, ademais, formar os ciclistas para que poidan vivir disto e ensinarlles os valores deste deporte”. Así mesmo, tamén engadiu que “se trata dun Club moi familiar, mais non todo vale”.

Damián Ramos contounos como se sentiu ao conseguir a medalla de bronce nos Xogos Paralímpicos: “Foi unha experiencia moi positiva. Gustaríame ir aos vindeiros Xogos, en Los Ángeles”. Para poder participar, Damián tivo que gañar o ránking previamente.
De cara a vindeira tempada, buscan continuar mellorando como equipo e seguir disputando diferentes probas a nivel nacional e internacional, logrando uns resultados sobresaíntes, tal e como narrou Juan José Álvarez.
“Estamos satisfeitos cos resultados da tempada e seguiremos apoiando e fomentando o deporte en xeral”, afirmou Valladares durante o desenvolvemento da reunión. O Craega busca, co patrocinio ao Club, que a práctica do deporte e a ilusión dos mozos siga viva.

Relacionadas

A Asociación Érguete e a Regaep advirten que se suprimiu o subsidio para as...

0
Esta “pequena axuda de caracter humanitaria” melloraba as taxas de reincidencia A Rede Galega de Educacións en Prisión (Regaep), da que forma parte a Asociación...

O Centro Dramátio Galego inicia en Lugo a xira do espectáculo ‘Terceiro Acto’ por...

0
— No seu regreso ás táboas, esta montaxe da compañía pública comeza este xoves o percorrido que non lle fora posible desenvolver en 2021...

Teletransporte contra a discriminación: COGAMI e as súas entidades membro denuncian a falta de...

0
COGAMI, en colaboración coas súas entidades membro, celebrou unha concentración simultánea en diversas localidades galegas para visibilizar a falta de transporte adaptado. Baixo o...

COGAMI adapta vivendas a través do proxecto RUMBO para mellorar a súa accesibilidade e...

0
A través do denominado proxecto RUMBO, COGAMI levou a cabo obras de adaptación en vivendas de 13 persoas con discapacidade e mobilidade reducida en...

O Grupo Popular interésase polos seguintes pasos que dará a Xunta en relación á...

0
• A candidatura ‘Paisaxe da auga: Ribeira Sacra’ promovida pola Xunta de Galicia é a proposta conxunta de España para a súa presentación ante...

A asociación AGAPA lanza un programa pioneiro para mellorar a autonomía das persoas amputadas...

0
A Asociación Galega de Persoas Amputadas (AGAPA) puxo en marcha un innovador proxecto que busca soster unha rede de apoio especializada para mellorar a...

Publicacións Relacionadas