Home Vigo Baiona O Samaín chega ao Concello de Baiona con diversas actividades terroríficas

O Samaín chega ao Concello de Baiona con diversas actividades terroríficas

- Anuncio -

O Concello de Baiona prepárase para celebrar o Samaín.

O xoves 31 de outubro ás 11:30 horas a Praza de Abastos de Baiona acollerá un taller de comida sanguenta.

A carpa instalada na praza do concello estará decorada para esta ocasión coa temática destas datas ampliándose onde se poderá gozar dunha tarde/noite de actividades enfocadas a todos as idades.

A partir das 17:00 horas poderase gozar de diversos xogos e pintacaras de medio; de laboratorios de bebidas…e de moita diversión terrorífica. Estarán dispoñibles photocalls terroríficos, elaborados por concelleiros das distintas áreas e voluntarios; creados a partir da reutilización e reciclaxe de materiais.

O Concello de Baiona, a través das Concellerías de Festexos e Mocidade, ofrecerá todas estas actividades de forma gratuíta. Non faltarán disfraces, sorpresas e moita diversión para toda a familia.
Distintos establecementos da Zona vella colaborarán ofrecendo caramelos para o tradicional roteiro de “truco ou trato” entre os máis pequenos do municipio.
O Concello de Baiona a través das concellerías quere dar as grazas aos establecementos participantes por implicarse na celebración desta festividade.

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas