Home Ourense O Concello establece os servizos mínimos durante a folga do persoal funcionario...

O Concello establece os servizos mínimos durante a folga do persoal funcionario prevista para os días 31 de outubro e 4 de novembro

- Anuncio -
  • Pon de manifesto que o persoal laboral non poderá exercer o dereito de folga por non ter sido convocado polos seus representantes sindicais

Esta mañá foi aprobado o decreto onde se recollen os servizos mínimos que funcionarán durante a folga do persoal funcionario convocada para os días 31 de outubro e 4 de novembro de 2024.

O persoal laboral do Concello non poderá exercer o seu dereito á folga xa que non foi convocada polos seus representantes sindicais, Comité de Empresa, e deberá asistir ao seu posto de traballo de forma ordinaria, salvo aquel persoal que teña fixado para ese día vacacións, asuntos propios, desfrute da terceira ponte festiva ou permiso que lle autorice a ausencia do seu posto de traballo.

Os servizos mínimos serán os seguintes:

SPEISPC: dotación completa de once funcionarios/as e cando menos un mando.

Servizo de Benestar Social. Fogar do Transeúnte: 50% do persoal

Servizo de Cultura, Xuventude e Participación Cidadá. Sección Cultura:

50% do persoal

Servizo de Saúde. Dispensario Metadona UAD: 1 funcionario/a

Cemiterios municipais: 50% do persoal

Sistemas de información: 1 persoa de perfil técnico do servizo.

Servizos Xerais: 1 alguacil

Estatística: 1 funcionario/a para atender certificados urxentes de empadroamento e similares.

Servizos con atención ao público: 1 auxiliar/administrativo por cada un dos servizos.

Xefaturas de servizos ou asimilados: a persoa titular ou quen a substitúa por RPT.

Serán os xefes de servizo os que determinen o nome das persoas que se propoñan para prestar os servizos mínimos e, así mesmo, deberán velar polo seu correcto cumprimento.

Relacionadas

O Concello fixa os servizos mínimos nos autobuses urbanos para a folga estatal do...

0
O Concello de Ourense fixou os servizos mínimos no servizo de autobuses urbanos ante a folga de ámbito estatal do sector de transporte, que...

Os representantes institucionais do PP de Ourense comprometen a protección, defensa e promoción do...

0
• Luis Menor explicou que para esta primeira Interparlamentaria escolleuse como eixo o mundo rural “porque falamos do 80 % da provincia, cun inmenso...

O pleno da Deputación amplía o plan de mantemento e mellora da rede provincial...

0
O aumento dos recursos destinados a este programa consta nun dos tres expedientes de modificación de crédito aprobados hoxe pola Corporación provincial no pleno...

A Xunta de Goberno Local aprobou 14 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 14 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de...

Luis Menor reafirma o compromiso da Deputación con Xantar, “instrumento imprescindible para poñer en...

0
O presidente provincial lembrou no acto de inauguración oficial do 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que esta efeméride coincide tamén coa do Inorde,...

O Concello inicia a instalación da iluminación artística de Nadal na cidade

0
O Concello de Ourense iniciou os traballos de instalación da iluminación artística que embelecerá e dinamizará as rúas da cidade durante a celebración do...

Publicacións Relacionadas