Home Tabeirós A Estrada O BNG apoia a nivel municipal e parlamentar a demanda do servizo...

O BNG apoia a nivel municipal e parlamentar a demanda do servizo de hemodiálise da Estrada a través de iniciativas para que o servizo sexa unha realidade na vila

- Anuncio -

A deputada comarcal Ariadna Fernández debaterá en canto sexa posible a iniciativa rexistrada en setembro en sede parlamentar, tratando de que a hemodiálise chegue á Estrada canto antes.

O BNG estradense, a través da súa deputada comarcal Ariadna Fernández, presentou sendas iniciativas ao respecto da solicitude da veciñanza de dotar á localidade dun servizo de hemodiálise de carácter público. Podería, segundo o propio portavoz municipal “establecerse no propio centro de saúde da vila, que ten espazos desocupados e que poderían ser útiles para esa fin sen ter que buscar outra localización para o servizo que demandamos, de xeito que é cuestión de vontade por parte do goberno da Xunta de Galiza e, por suposto do concello, mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas” aseverou Xoán Reices.

As iniciativas para que A Estrada conte coa hemodiálise foron resultado da reunión, hai semanas, dun representante do colectivo demandante, que achegou ao Bloque a problemática que lles acaecía aos usuarios, sendo recibido por parte do BNG estradense e a deputada comarcal, a parte de responsables do BNG de Deza-tabeirós e Terra de Montes. Froito desta reunión foron elaboradas as iniciativas pertinentes, que se rexistraron no Parlamento Galego con data do 10 de setembro e se presentarán en canto sexa posible na Comisión 5, na que Ariadna Fernández é membro, ou de ser posible no pleno do Parlamento, solicitándolle o servizo tan necesario para A Estrada e a súa veciñanza ao goberno, que non é máis que cuestión de “ter un mínimo de empatía e poñerse no caso de seren eles os afectados, os que teñen que facer esas viaxes tan longas con tanta frecuencia, que se evitarían de establecerse a hemodiálise na vila, facilitándolles moito o día a día aos doentes, que evitarían perder tempo e calidade de vida nesas viaxes cara Santiago, que chegar a ocupar grande parte do seu día”, declara Ariadna Fernández.

A sanidade, segundo os integrantes do BNG é un dereito para todos e todas, polo que apoiar a proposta é cuestión de empatía e dignidade, lembrando o portavoz nacionalista que “dende o BNG estamos e estaremos sempre do lado da veciñanza na defensa dunha sanidade pública e de calidade para todos, sen excepción, tamén neste caso, por suposto”.

Relacionadas

A ANPA Cal do Vergazo, en colaboración co concello da Lama, celebra este domingo...

0
O alcalde David Carrera e membros desta asociación escolar presentaron a actividade que contará con 51 expositores, música e obradoiros participativos O alcalde da Lama,...

A Deputación leva este domingo a Soutomaior o circuíto +Escénicas con “O tranvía Leonardo”,...

0
O espectáculo para público infantil celebrarase ás 17:30 horas na Casa da Cultura +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros,...

O BNG emenda os orzamentos da Xunta para que Soutomaior conte canto antes co...

0
O BNG de Soutomaior vén de presentar as súas emendas aos Orzamentos da Xunta de 2025. O obxectivo destas emendas é que a Xunta...

A Deputación leva este domingo a Cerdedo-Cotobade a proxección de “A viaxe de Lucy”...

0
O documental poderá verse na Casa do Pobo de Corredoira ás 18:30 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do...

400 escolares aprenden a alimentarse de maneira saudable

0
● O Concello do Porriño, coa colaboración do SERGAS, impulsa estes talleres de nutrición nos centros educativos O Concello do Porriño segue apostando pola promoción...

A Deputación leva este sábado ás Neves a proxección de “Os espazos en branco”...

0
O documental poderá verse no Auditorio municipal ás 20:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén...

Publicacións Relacionadas