Home O Condado Mondariz AporM presenta alegacións contra o parque eólico do Coto de Eira e...

AporM presenta alegacións contra o parque eólico do Coto de Eira e pide a súa inclusión na Rede Natura 2000

- Anuncio -

No pleno ordinario do pasado 8 de outubro os concelleiros de AporM presentaron unha moción de urxencia pedindo á Corporación que rexeitara a instalación do parque eólico do Coto de Eira.

Antes de que o portavoz de AporM puidera explicar os motivos polos que solicitaba o debate da moción e de que puidera explicar o seu contido, PP, BNG e PSOE cuestionaron que a iniciativa fose tratada como unha moción. O novo alcalde do PP expresou o seu desacordo con alegar contra o parque eólico sen antes falar coas Comunidades de Montes das parroquias afectadas, debido a que había intereses económicos de por medio e non se podía rexeitar “porque si”. O portavoz de AporM intentou explicar as afeccións patrimoniais que ten o proxecto do parque eólico e que a urxencia do asunto viña dada porque o prazo de alegacións remataba o 23 de outubro, o resto de grupos, BNG e PSOE aceptaron o argumento do PP para deixar o asunto “sobre a mesa ata que falen cos veciños”.

O grupo de AporM está de acordo e tratar o tema cos veciños e comunidades de montes de Sabaxáns e Gargamala, xa que serán os principais afectados por esta intervención, pero non debemos esquecer que no 2008 a Xunta de Galicia tiña planificado incluír o Coto de Eira dentro da Rede Natura da UE, algo que finalmente descartou no 2012.

Mentres, outros concellos xa iniciaron a tramitación das alegacións contra os parques eólicos que a Xunta impón sobre os seus territorios (por exemplo nas Neves, onde outra empresa quere construír un parque eólico en Sanomedio), o grupo AporM lamenta que en Mondariz teñamos que esperar a que o actual Goberno apoiado polo BNG e polo PSOE se poña de perfil diante da protección dos monumentos naturais máis prezados de Mondariz, desde onde se ve a ría de Vigo.

Impacto paisaxístico

O parque eólico do Coto de Eira prevé instalar 10 aeroxeradores de 101 metros de altura (158 m se incluímos as hélices) arredor do Coto de Eira, así como a solicitude da inclusión
do mesmo espazo na Rede Natura 2000, tal e como propuxera a Xunta de Galicia en 2012.
Para AporM é innegable o valor natural, cultural e paisaxístico do Coto de Eira e por iso se considera urxente a súa protección. Ademais o planeamento urbanístico de Mondariz, desde o ano 1999, cualifica o Coto de Eira como Solo Rústico de Especial Protección Forestal, o que impide a construción ou instalación de infraestruturas alleas ás forestais.

O estudo de impacto ambiental presentado pola empresa promotora ignora a existencia de mananciais de auga e petróglifos como os da Fonte Santa, de bens etnográficos como a Choza de Martín Rodríguez ou O Corral Vello ou da Pedra do Bufo, unha ave rapaz nocturna incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Relacionadas

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

Rafa Domínguez participa na reunión do Comité Organizador do Tríatlon Multideporte 2025

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este mércores na reunión do Comité Organizador do Campionato do Mundo de Tríatlon Multideporte que...

Luisa Sánchez participa en Vigo na presentación do Gastro Movida Summit 2024

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe na presentación da terceira edición do Gastro Movida Summit, unha cita que reunirá en Vigo entre o...

A Xunta de Goberno Local do Concello de Salvaterra de Miño aproba a solicitude...

0
O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar a solicitude que presentará á convocatoria do Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra da Deputación...

Publicacións Relacionadas