Home Pontevedra O Concello de Redondela consegue un aforro enerxético dun 40% coa iluminación...

O Concello de Redondela consegue un aforro enerxético dun 40% coa iluminación led dos pavillóns deportivos

- Anuncio -
  • Coa renovación das lámpadas nas instalacións deportivas o Concello aforrará unha media de 15.000 euros ao ano na factura eléctrica. Este plan de eficiencia enerxética supón tamén unha importante redución da contaminación, xa que rebaixa a emisión a atmosfera de 11,5 toneladas de CO2 anualmente.
  • O Concello de Redondela traballa tamén na modernización da iluminación pública. Ata o de agora substituíronse 1.700 farois en camiños de todas as parroquias, e o obxectivo é continuar paulatinamente coa renovación de todas as instalacións do alumeado público.

O Concello de Redondela renovou o sistema de iluminación en cinco pavillóns deportivos. O cambio de lámpadas convencionais por tecnoloxía led realizouse xa nos pavillóns municipais de Redondela (Bomboneira), o da Marisma, o Manuel González Soto de Chapela e tamén nas instalacións deportivas dos colexios de Reboreda e Porto Cabeiro. O concelleiro de Deportes, Iván Valles, explica que esta renovación supón un importante aforro enerxético, ao redor dun 40%, o que supón unha rebaixa na factura eléctrica de preto dun 50%, “xa que ademais de reducirse o consumo de enerxía tamén baixa a potencia contratada e o IVE correspondente en cada factura”. Este plan para a mellora da eficiencia enerxética nos pavillóns fíxose gradualmente nos últimos dous anos. No caso do pavillón municipal da Bomboneira o aforro total no ano 2023 foi de 2.959 euros. No González Soto de Chapela o cambio a tecnoloxía led fíxose en febreiro deste ano, “ e o aforro total en tan só seis meses foi de 2.185 euros”. O servizo municipal de electricistas estima que, no conxunto dos cinco pavillóns, o Concello aforrará unha media de 15.000 euros ao ano na factura. Valles agradeceu a colaboración da concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, xa que foron os operarios deste departamento os que fixeron a substitución das lámpadas. “Deste xeito o aforro para o Concello é aínda maior, ao non ter que contratar a unha empresa para facer as instalacións.”
Roberto Villar explica que, “ademais do aforro económico, este plan de eficiencia enerxética supón tamén unha importante redución do nivel de contaminación”. Co cambio de lámpadas convencionais a led “deixamos de emitir á atmosfera uns 2.300 quilos de CO2 ao ano en cada un dos pavillóns, en total 11,5 toneladas menos de CO2, o que tamén é fundamental para un desenvolvemento máis sostible”. Neste sentido incide tamén a alcaldesa, Digna Rivas, quen sinala que “as administracións públicas temos que dar exemplo no camiño cara á transición ecolóxica, ao tempo que facemos un uso máis eficiente dos recursos”.

Renovación da iluminación pública
O Concello de Redondela traballa tamén na modernización da iluminación pública. Ata o de agora substituíronse 1.700 farois en camiños de todas as parroquias, “e o obxectivo é continuar paulatinamente coa renovación de todas as instalacións do alumeado público”, explica Villar. O traballo foi realizado tamén polos operarios municipais da concellería de Infraestruturas e Sostibilidade. O aforro de enerxía co cambio da lámpada convencional de vapor de sodio a unha led é aproximadamente dun 40%, “o que supón pasar dun consumo de 85.000 quilowatts cos farois antigos a 51.000 quilowatts actualmente”, sinala o edil.

Relacionadas

A Deputación destina 525.000 euros para 51 clubs deportivos de Vigo e do sur...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 1.000 e 25.000 euros e permitirán subvencionar gastos federativos así como de competicións...

A Deputación destina 140.000 euros a 12 clubs deportivos da contorna de Pontevedra que...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 2.000 e 30.000 euros para subvencionar gastos federativos así como de competicións e...

A Deputación destina 120.000 euros a nove clubs deportivos da contorna do Salnés e...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 900 e os 35.000 euros para subvencionar gastos federativos así como de competicións...

A Deputación destina 55.000 euros a tres clubs deportivos da comarca do Morrazo que...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 15.000 e os 25.000 euros para subvencionar gastos federativos así como de competicións...

A Deputación destina preto de 60.000 euros a cinco clubs deportivos do Deza e...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os preto de 1.600 e os 25.000 euros para subvencionar gastos federativos así como...

A Deputación de Pontevedra confirma que o destino Rías Baixas medra un 16% en...

0
Detéctase un crecemento do turismo estranxeiro de case o 30% con respecto ao mesmo mes do 2023, o que avala a estratexia turística impulsada...

Publicacións Relacionadas