Home Deputacións Deputación Ourense Esgos estrea unha biblioteca nunha antiga palleira, “grazas á xenerosidade da filla...

Esgos estrea unha biblioteca nunha antiga palleira, “grazas á xenerosidade da filla de Delio Parada e á cooperación institucional”, sinala Luis Menor

- Anuncio -

O presidente provincial puxo en valor esta nova infraestrutura cultural no municipio de Esgos no que foi fundamental a xenerosidade particular e a colaboración institucional, na que a Deputación aportou 100.000 euros para esta recuperación singular a través dun proxecto do arquitecto César Portela

O municipio de Esgos ten, desde hoxe, unha nova biblioteca co nome de “Delio Parada Carballo”. Unha infraestrutura cultural moi demandada, tal e como explicou o alcalde da localidade, Mario Rodríguez, xa que a que existía ata o de agora, nos baixos do Concello, resultaba insuficiente.

Á inauguración desta singular biblioteca -construída nunha vella palloza rehabilitada cun proxecto arquitectónico de César Portela-, asistiu o presidente provincial, Luis Menor, quen recalcou que o de hoxe é “un día grande para Esgos”, dado que o feito de “recuperar un espazo para convertelo nun lugar dedicado á Cultura é sempre unha boa nova. E cando ese espazo é froito da xenerosidade veciñal multiplícase o efecto desa boa noticia”.

Por elo, Menor lembrou que a palloza na que se ubica hoxe a nova biblioteca foi doada por Lourdes Parada, filla de Delio Parada Carballo que lle dá nome desde hoxe a este espazo: “nada sería posible sen ese acto de xenerosidade”, sinalou o presidente provincial, quen recalcou tamén que o paso seguinte, o da colaboración institucional, foi crave tamén para culminar o proxecto, para o que a Deputación aportou 100.000 euros.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na terceira edición da regata inclusiva “Vigo a Vela”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe en Vigo na terceira edición da regata inclusiva “Vigo a Vela” onde, ademais, asistiu...

A Deputación destina 525.000 euros para 51 clubs deportivos de Vigo e do sur...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 1.000 e 25.000 euros e permitirán subvencionar gastos federativos así como de competicións...

A Deputación destina 140.000 euros a 12 clubs deportivos da contorna de Pontevedra que...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 2.000 e 30.000 euros para subvencionar gastos federativos así como de competicións e...

A Deputación destina 55.000 euros a tres clubs deportivos da comarca do Morrazo que...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 15.000 e os 25.000 euros para subvencionar gastos federativos así como de competicións...

A Deputación destina preto de 60.000 euros a cinco clubs deportivos do Deza e...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os preto de 1.600 e os 25.000 euros para subvencionar gastos federativos así como...

A Deputación de Pontevedra confirma que o destino Rías Baixas medra un 16% en...

0
Detéctase un crecemento do turismo estranxeiro de case o 30% con respecto ao mesmo mes do 2023, o que avala a estratexia turística impulsada...

Publicacións Relacionadas