Home Xunta de Galicia Rueda destaca a figura de Antonio Palacios coma embaixador de Galicia a...

Rueda destaca a figura de Antonio Palacios coma embaixador de Galicia a través do seu amplo legado arquitectónico dentro e fora da comunidade

- Anuncio -

— Resalta que sempre “exerceu e reivindicou a súa condición de galego”


— Salienta a importancia da arquitectura que crea “a identidade” e dá “carácter” as cidades


— Asegura que Palacios “simboliza” a unión existente entre Galicia e Madrid, dúas comunidades que se caracterizan por ser terras abertas e acolledoras

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a figura do arquitecto Antonio Palacios coma un galego universal cun amplo legado tanto dentro como fóra da comunidade. “Foi un magnífico embaixador da súa terra e simboliza a unión entre Galicia e Madrid”, indicou.

Durante unha xornada de conmemoración do 150º aniversario do nacemento do artista na súa localidade natal, na que tamén participaron a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e o alcalde madrileño, José Luis Martínez-Almeida, Rueda resaltou que malia que Palacios desenvolveu gran parte da súa carreira profesional en Madrid, “nunca esqueceu de onde viña e exerceu e reivindicou sempre a súa condición de galego”.

O arquitecto deixou a súa pegada na comunidade a través de importantes obras coma a Casa Consistorial do Porriño, o Templo Votivo do Mar en Panxón ou o Templo da Veracruz no Carballliño. E no caso de Madrid, Palacios foi o autor de edificios emblemáticos e salientables da historia da capital coma o Palacio de Cibeles -actual sede do concello de Madrid-; o edificio do Círculo de Belas Artes ou as feitas durante a súa etapa coma arquitecto xefe do Metro, entre as que está deseñar o seu logotipo.

Nesta liña, Rueda fixo fincapé na importancia da arquitectura á hora de configurar “a identidade e o carácter das cidades”. “As persoas pasamos, pero as obras son as que perduran e a arquitectura é un bo exemplo”, salientou.

Por outra banda, o presidente salientou o gran recibimento que tivo Palacios na capital madrileña e destacou que tanto Galicia como Madrid son terras abertas e acolledoras.

150 aniversario
A Xunta está a colaborar co concello do Porriño para conmemorar o 150 aniversario do nacemento de Antonio Palacios con diferentes iniciativas coma a posta en marcha dunha sala de exposicións dedicada ao artista no municipio.

Relacionadas

Diego Calvo asistiu na Coruña ao evento Brazada solidaria Móllate pola diabetes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe na Coruña ao evento Brazada solidaria. Móllate pola diabetes, enmarcado no foro Diabetes...

A Xunta iniciará esta vindeira semana traballos de limpeza e roza nas marxes da...

0
― Ademais, proseguirase con estas tarefas noutras 7 vías autonómicas, no seus percorridos polos municipios de Crecente, Moaña, Cangas, Teo, Narón, San Sadurniño, O...

A Xunta concede máis de 72 M€ para realizar máis de 1.500 cursos das...

0
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración xa comezou a notificar as entidades beneficiarias deste programa 2024-2025 que busca flexibilizar a oferta formativa para...

José González destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega en Suíza e realza...

0
― Remarcou a implicación da Xunta cos galegos do exterior, uns días despois de pedir ao Goberno de España que elimine as desigualdades que...

Rueda destaca o compromiso da Xunta cos novos creadores e con impulsar proxectos culturais...

0
— Asegura que ferramentas coma as residencias artísticas son “motores” para garantir “o futuro” do sector cultural — A Xunta poñerá en marcha nos vindeiros...

Galicia aposta por dar máis vos ás rexións no proceso lexislativo comunitario para que...

0
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE asistiu en Varsovia á 11ª Conferencia sobre a Subsidiariedade do Comité Europeo das Rexións —Jesús...

Publicacións Relacionadas