Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación destina 140.000 euros a 12 clubs deportivos da contorna de...

A Deputación destina 140.000 euros a 12 clubs deportivos da contorna de Pontevedra que participan en competicións oficiais de ámbito estatal

- Anuncio -

O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 2.000 e 30.000 euros para subvencionar gastos federativos así como de competicións e adestramento, de persoal, de material deportivo e sanitarios

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o reparto de 140.000 euros para 12 clubs deportivos de dous concellos da contorna de Pontevedra que participan en competicións oficiais de ámbito estatal. En total, as axudas oscilan entre os 2.000 e os 30.000 euros e permitiranlles subvencionar gastos federativos así como de competicións e adestramento, de persoal deportivo e sanitarios. “Sentímonos moi orgullosos desta liña de axudas que foi renovada este ano para corrixir os desequilibrios que se viñan dando en convocatorias anteriores –explicou o presidente provincial, Luis López-. O obxectivo principal era distribuír os recursos dun xeito máis equitativo e coido que o temos conseguido”. Ademais, López lembrou a importancia de “apoiar a estas entidades como merecen, xa que os nosos deportistas nos referencian no mundo e os nosos clubs traballan a diario para facer realidade todos estes logros”.

En concreto, no conxunto da provincia repartiranse 900.000 euros entre 80 clubs deportivos de 25 concellos, de disciplinas como fútbol sala, balonmán, tenis de mesa, fútbol, ciclismo, natación, baloncesto, surf, tiro con arco, hóckey, orientación, esgrima, waterpolo, patinaxe, squash ou, entre outros, atletismo. Todos eles -beneficiaranse de achegas que oscilan entre os 900 e os 35.000 €, dependendo da modalidade deportiva e a competición oficial na que participen

Na contorna de Pontevedra reciben a achega dous equipos de Marín, o Club Baloncesto Peixe Fresco Marín, que contará con 15.000 €, e o XSM Clube Ciclista, con 2.064 €. Pola súa banda, en Pontevedra as axudas chegan a un total de dez entidades deportivas. Desta maneira, o Aromon Pontevedra Montañeiros A Roelo (orientación) recibirá 6.155 €, o Club Baloncesto Arxil de Pontevedra 30.000 €, o Club Cisne de Balonmán 25.000 €, o Club Deportivo Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra 6.690 €, o Club Leis 26 F.S. Pontevedra (fútbol sala) 10.670 €, o Club Natación Galaico 10.000 €, o Club Waterpolo Pontevedra 14.076 €, a Sociedade Deportiva Teucro Pontevedra (balonmán) 15.000 €, o Squash Rías Baixas 4.352 € e o Tenis de Mesa Pontevedra 2.928 €.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na terceira edición da regata inclusiva “Vigo a Vela”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe en Vigo na terceira edición da regata inclusiva “Vigo a Vela” onde, ademais, asistiu...

Arredor de 140 persoas participaron na primeira edición do Campionato de cartas “Cidade de...

0
Os xogos estrela da competición foron: a brisca, na que se anotou o 37,41% dos inscritos e a brisca, que agrupou ao 30,21% A xogadora...

A Xunta iniciará esta vindeira semana traballos de limpeza e roza nas marxes da...

0
― Ademais, proseguirase con estas tarefas noutras 7 vías autonómicas, no seus percorridos polos municipios de Crecente, Moaña, Cangas, Teo, Narón, San Sadurniño, O...

Domínguez esixe que se termine o paseo peonil entre Pontevedra e Marín

0
• O pacto de investidura de Pedro Sánchez incluía desbloquear a segunda fase das obras, pero “o PSOE desdeñou o proxecto coa complicidade absoluta...

Baiona premio Quality Coast Gold Award

0
Baiona recibe novamente o premio Qualtiy Coast Gold Award que recoñece o seu labor en prol da xestión sostible do municipio.Este recoñecemento, por parte...

A Deputación destina 525.000 euros para 51 clubs deportivos de Vigo e do sur...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 1.000 e 25.000 euros e permitirán subvencionar gastos federativos así como de competicións...

Publicacións Relacionadas