Home A Coruña Aberto desde o luns o prazo de inscrición no IV Concurso Imaxina...

Aberto desde o luns o prazo de inscrición no IV Concurso Imaxina Coruña

- Anuncio -

Os centros educativos interesados neste programa municipal poderán apuntarse na web municipal ata o 22 de novembro

O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición no programa do IV Concurso Imaxina Coruña do 28 de outubro ao 22 de novembro de 2024. O Goberno de Inés Rey renova a súa aposta por esta iniciativa que busca difundir o coñecemento científico entre o alumnado.

A temática desta edición é ‘Auga Limpa, Futuro Sostible’, unha oportunidade para que os e as estudantes desenvolvan competencias científicas e sociais, á vez que achegan solucións creativas a un dos maiores desafíos do noso tempo: garantir o acceso universal a auga limpa e o saneamento.

Os centros educativos públicos e concertados da Mancomunidade de Municipios da Coruña, que abrangue os concellos de: A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, con grupos de alumnado de ESO e Bacharelato, interesados en formalizar a súa participación neste programa do Plan Coruña Educa poden facelo na web educativa do Concello, a través desta ligazón.
“O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria”, explica o concelleiro de Educacion e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego. A organización propón cada ano un tema que serve de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) e que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.

Relacionadas

O Concello avanza recuperación do patrimonio coa restauración dos lavadoiros de Palavea e Feáns

0
As actuacións contan cun orzamento próximo aos 25.000 euros de orzamento para reposición, restauración e limpeza das estruturas O Concello da Coruña avanza na recuperación...

Demostración de cociña en vivo para promocionar a Feira do Mel no Salón Internacional...

0
A Feira do Mel que organiza todos os anos o Concello de Oleiros en Perillo foi hoxe protagonista no 25º Salón Internacional de Turismo...

O Concello de Carballo pon en marcha o programa “Remocea”, no que poderán participar...

0
Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades: talleres de memoria, manexo de teléfonos móbiles e outras tecnoloxías e actividades lúdico-formativasO alcalde, Evencio...

O Ministerio de Cultura volve premiar as Bibliotecas do Concello de Oleiros

0
A forte aposta pola educación e a cultura que fai o Concello de Oleiros volve ser merecedor de que as Bibliotecas Municipais fosen novamente...

As persoas máis lectoras da Pobra son agasalladas polo Día das Bibliotecas 2024

0
As bibliotecas son un punto de encontro arredor das letras, unha plataforma para a difusión do coñecemento. Baixo esta premisa, a Concellaría da Cultura...

O desprendemento de cables de telefonía impide o tráfico rodado na rúa José María...

0
Os bombeiros do parque Provincial das Pontes interviñeron esta tarde nunha incidencia ocasionada pola rotura dun poste de telefonía sobre a vía que impedía...

Publicacións Relacionadas