Home A Coruña Fene acolle a primeira parada do I Congreso de Turismo “Degusta Coruña”,...

Fene acolle a primeira parada do I Congreso de Turismo “Degusta Coruña”, organizado pola área de Turismo da Deputación da Coruña

- Anuncio -

O Congreso itinerante pon en valor a excelencia da cadea agroalimentaria da provincia, reivindicando produtos sostíbeis e de calidade

A concelleira de Turismo de Fene, Ángeles Coira, destacou a importancia de “Degusta Coruña” para posicionar o municipio como destino turístico

Degusta Coruña, o I Congreso de Turismo organizado pola área de Turismo da Deputación da Coruña, comezou hoxe a súa andaina en Fene, enmarcado na iniciativa “A provincia que sabe”. Esta proposta busca reivindicar a excelencia da cadea agroalimentaria provincial a través dun percorrido por distintos concellos, onde se dá visibilidade a produtos locais, empresas de transformación, distribuidoras e establecementos hostaleiros que traballan con parámetros de sostibilidade e de calidade.

A concelleira de Turismo de Fene, Ángeles Coira, participou na primeira actividade da xornada, unha visita á Confraría de Barallobre, onde destacou “a importancia de eventos como Degusta Coruña para a posta en valor de Fene como destino turístico”, e subliñou o papel central da gastronomía na creación dun turismo de calidade, sostíbel e respectuoso co medio.

Este Congreso, que percorrerá diferentes municipios da provincia até o mércores, busca afortalar e promover a gastronomía galega como parte da súa oferta turística, apostando pola calidade e o compromiso co territorio.

Axenda da primeira xornada

Logo da visita á Confraría de Barallobre en Fene, a seguinte parada deste I Congreso de Turismo itinerante será o Antigo Matadoiro de Betanzos, onde se celebrará unha mesa redonda arredor dos viños con IXP Terras de Betanzos, unha presentación dos mesmos e unha demostración culinaria a cargo de Luis Veira (Árbore da Veira), Lolo Mosteiro e Paula Martínez (A Artesa da Moza Crecha).

Relacionadas

O bravú celebra os seus 30 anos mañá no Colón cun documental e un...

0
O Goberno de Inés Rey promove este evento no que se proxectará un documental e haberá unha actuación de Orquestra Bravú Xangai con moitas...

Unhas 900 persoas acudirán mañá á “XXXV Gala do Deporte de Narón” no Pazo...

0
O Pazo da Cultura de Narón acollerá mañá unha nova edición, a trixésimo quinta, da “Gala do Deporte de Narón”. A alcaldesa, Marián Ferreiro,...

O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre...

0
A Asociación micolóxica Viriato organiza a próxima semana, coa colaboración do Concello, as “IV Xornadas micolóxicas de Neda”. Trátase dunha actividade gratuíta de iniciación...

Neda desenvolverá a vindeira semana unha nova edición das súas Xornadas micolóxicas

0
O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre a Asociación Viriato e o Concello A Asociación micolóxica Viriato organiza...

Cariño conmemorará o 25N coa lectura dun manifesto, unha marcha e un taller formativo...

0
• O Concello participa este ano nunha campaña conxunta con Mañón, Cerdido e Ortigueira. O Concello de Cariño conmemorará o 25N, Día Internacional para a...

Veciñanza da Pobra elabora xabóns ao abeiro dos obradoiros de artesanía Feito coas túas...

0
O obradoiro de confección de xabóns impartido por Flow de Meiga marca o final do programa Feito coas túas mans, impulsado pola Concellaría da...

Publicacións Relacionadas