Home A Coruña Alternativa presenta unha moción para demandar de Costas que se complete o...

Alternativa presenta unha moción para demandar de Costas que se complete o paseo da ría para facilitar o seu uso

- Anuncio -

Alternativa de Cambre insta ao Concello a demandar da Dirección Xeral da Costa e o Mar que contrate no prazo máis breve de tempo as obras para completar os tramos de paseo marítimo pendentes na ría entre Cambre e Oleiros, dotándoos de boas condicións de seguridade e accesibilidade para que Cambre e Oleiros queden conectados co paseo marítimo.

Que a cidadanía poida circular por toda a ría a pé ou en bicicleta por un paseo litoral é o obxectivo da demanda.

Tras a realización das obras de recuperación integral e dragado da ría do Burgo, dada a súa magnitude, resultaba razonable pensar que quedarían conectados os paseos marítimos de Culleredo, Cambre e Oleiros, para poder circunvalar a ría camiñando, abrindo así tamén aposibilidade futura da conexión co Concello da Coruña, cando se acometa o tramo pendente na zona das Xubias e A Pasaxe. Non só era razonable pensalo senón que estaba contemplado no proxecto inicial que foi contratado, di a moción presentada ante o Pleno de Cambre.

“Todo transitable”
Mesmo tras finalizar as obras, a propia Dirección Xeral da Costa e o Mar anunciaba nos medios de comunicación que o bordo litoral da ría era todo transitable, o que por desgraza para o conxunto da cidadanía da comarca, e especialmente para os cambreses e as cambresas, non é certo. A día de hoxe existen dous tramos de escasos metros carentes de paseo marítimo, un no límite do entre Cambre e Oleiros e outro xa no interior de Oleiros.

Resulta indignante que tras un investimento de 37,5 millóns se deixase sen abordar un aspecto menor en canto á cuantía económica pero de grande relevancia para a mobilidade do conxunto da cidadanía da comarca. Non é de recibo que se deixase o paseo de Cambre incomunicado co de Oleiros, interrompendo drasticamente o que podería ser un itinerario sostible de decenas de km.

Continuidade rota
Esta ruptura da continuidade entre Cambre e Oleiros resulta un grave inconvinte non só para os centos de persoas que cada día utilizan este itinerario para o seu ocio activo, senón tamén para a cidadanía do Concello de Cambre que usa o paseo da ría como a alternativa ciclista máis eficaz para conectar con Santa Cristina, a Ponte da Pasaxe e o carril bici da avenida da Pasaxe, unha alternativa segura á N-VI.

Na actualidade non é posible desprazarse desde O Graxal ata A Pasaxe ou Santa Cristina camiñando, en bici ou noutro vehículo de mobilidade persoal, xa que é necesario interromper dúas veces de xeito abrupto o paseo, por non dispoñer do firme e condicións axeitadas de accesibilidade para alcanzar os paseos de Oleiros.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas