Home A Coruña O Xuventude crea outorga os premios de teatro a Luscofusco de Rianxo...

O Xuventude crea outorga os premios de teatro a Luscofusco de Rianxo e Coidadobastón! de Redondela

- Anuncio -

— O certame organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de celebrar na fin de semana as finais desta categoría nos apartados Amador e Pro

— Repártanse tres recoñecementos por cada unha das seccións, dotados con 2.000€, 1.500€ e 1.000€

— Os galardoados recibirán as distincións xunto coas demais especialidades, 16 nesta edición, nunha gala final que se celebrará a mediados de decembro

A Xunta de Galicia deu a coñecer hoxe os grupos gañadores da especialidade de teatro do certame Xuventude Crea 2024, despois das representacións que tiveron lugar durante a fin de semana no Salón Teatro de Santiago. Na fase final desta categoría o xurado outorgou o primeiro premio na modalidade Amador a Luscofusco, de Rianxo (A Coruña), coa obra Fraktal, e no apartado Pro a Coidadobastón!, de Redondela (Pontevedra), coa función Recordari.

Ademais, na sección Amador recoñeceuse co segundo premio a LaBarata producións, de Santiago de Compostela, que representou Ingobernábeis (Apto/non apto), e co terceiro a O Cadro, de Taboadela (Ourense), coa peza A puta namorada. Así mesmo, conseguiron o segundo e terceiro posto na modalidade Pro a compañía t.E.T.a, de Ourense, co espectáculo Que importante é e que pouco se fala, e Nauta Teatro, de Teo (A Coruña), con Ephímeros, respectivamente. Nesta última tamén recibiu unha mención de honra o grupo Ancoraxe, de Narón (A Coruña), coa peza Novecento.
Cómpre lembrar que a división nestes dous apartados da categoría de teatro é unha das novidades que incorporou o Xuventude Crea 2024 con repecto ás súas 14 edicións anteriores. Así, os grupos xuvenís vinculados a centros de educación secundaria, grupos amadores ou escolas municipais, entre outros, puideron participar na modalidade Amador, mentres que as compañías de nova creación, profesionais emerxentes ou grupos formados por alumnado ou egresados da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia fixérono na de Pro.

Os primeiros premios de cada unha das seccións están dotados de 2.000€, os segundos levan 1.500€ e os terceiros 1.000€. Ademais do incentivo económico, o certame ofrece a oportunidade de visibilización dos traballos presentados, ao que se suma a colaboración do Centro Dramático Galego, que poderá apoiar ás persoas ou compañías gañadoras no apartado Pro impulsando o lanzamento do seu proxecto artístico.

Os galardoados recibirán as distincións xunto co resto dos premiados nas distintas especialidades do certame, 16 en total, nunha gala final que terá lugar a mediados de decembro.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas