Home Sin categoría A Xunta contribúe, no marco da Rede de Polos, ao asesoramento en...

A Xunta contribúe, no marco da Rede de Polos, ao asesoramento en comunicación e posicionamento de marca para novos proxectos emprendedores

- Anuncio -

― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na xornada de clausura de Alento, programa impulsado polo Goberno galego e o Clúster da Comunicación de Galicia


― Puxo de relevo a importancia do márketing e da comunicación como eixos fundamentais para impulsar proxectos de emprendemento, facilitar a conexión cos clientes e crear marcas que acheguen valor


― Lembrou que a iniciativa se enmarca no programa anual de actividades do novo Centro de Orientación ao Emprendemento, recentemente inaugurado na Coruña e que canalizará todas as actividades relacionadas co emprendemento na Comunidade

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada de clausura do programa Alento. Impulso á comunicación para emprender, impulsado polo Goberno galego e o Clúster da Comunicación de Galicia a través do que se asesorou de balde a 30 proxectos emprendedores en materia de márketing e comunicación.
Pablo Fernández puxo en valor o convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Clúster da Comunicación de Galicia para poñer en marcha por primeira vez esta iniciativa que pon o foco na importancia do márketing e da comunicación como eixos fundamentais para impulsar proxectos de emprendemento, facilitar a conexión cos clientes e crear marcas que aporten valor aos mesmos, potenciando así a xeración de empresas máis fortes e sustentables.
O secretario xeral lembrou que Alento está integrado no programa anual de actividades do novo Centro de Orientación ao Emprendemento recentemente inaugurado na Coruña, que canalizará todas as actividades relacionadas co emprendemento na Comunidade, Ademais, sinalou que os proxectos participantes foron seleccionados de xeito preferente entre os atendidos na Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que conta xa con 14 oficinas en toda Galicia e onde se ofrece ás persoas emprendedoras non só un espazo onde recibir asesoramento técnico para acadar o éxito senón tamén a oportunidade de entrar en contacto con outros novos empresarios para, entre todos, facer medrar o tecido produtivo galego.
No acto de hoxe, celebrado na Coruña, persoas empresarias, emprendedoras e profesionais do sector da comunicación compartiron ideas creativas e innovadoras que empregaron para promocionar os seus respectivos proxectos, técnicas de márketing efectivo e experiencias, erros e aprendizaxes en materia de comunicación nos inicios das súas andaduras empresariais.
Ademais, catro participantes do programa Alento falaron do seu paso polo programa e da súa proposta de valor no mercado: Agustina Pereira (Sisubvenciones), Alejandro Cortizas (Alfacor), Adriana Otero (Rusán Mobiliario) e Juan Pablo Ferreiros (Cervexas Píntegaa).
Servizos de Alento
Cun orzamento de 120.000 euros, o programa facilitou que diferentes empresas vencelladas ao Clúster da Comunicación de Galicia ofreceran asesoramento a un total de 30 proxectos. Os servizos ofertados abranguían deseño de imaxe corporativa e deseño e desenvolvemento de web e ecommerce, definición da estratexia e accións de márketing dixital, desenvolvemento de gráficas publicitarias, investigación de mercados, accións relacionadas coa estratexia de comunicación para pemes, de vídeo marketing e tamén produtos de impresión publicitaria.

A finalidade foi capacitar á comunidade emprendedora para conseguir unha oferta diferenciada e rendible, axudándolles na busca de novas canles de comercialización, novos públicos obxectivo, melloras no valor percibido dos produtos e servizos e promoción en xeral.

Relacionadas

Mos presenta a súa programación de Nadal

0
Os pratos fortes serán o acto de acendido do alumeado, a Feira do Comercio ‘Queda en Mos’, as Rondallas en Puxeiros, a Festa do...

Actividades con motivo do 25N en San Sadurniño

0
 Hoxe, con motivo das actividades do 25N, estivo con nós na Escola Infantil Municipal "A Rolada" a ilustradora e contadora de historias Marisa Irimia...

O Concello de Ribeira aproba a liquidación do aparcadoiro do Centenario e a actualiza...

0
Onte pola tarde celebráronse os dous plenos, un extraordinario e outro ordinario, axendados para o pasado luns 25 de novembro e adiados por mor...

O Pleno aprobou definitivamente o Orzamento Municipal 2025

0
Este xoves 28 de novembro celebrouse ás 20:00h na Casa Charry o pleno ordinario no que se aprobou definitivamente o Orzamento Municipal 2025 entre...

A Policía Local do Concello de Ourense reforza a seguridade durante a campaña do...

0
Con este conxunto de medidas, o Concello busca “garantir unha contorna segura para que todos e todas poidan gozar da festa na cidade”, explica...

Luis Menor visita o adestramento da Selección Masculina de Baloncesto e amosa o “orgullo”...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou aos xogadores e ao corpo técnico da Selección Masculina de Baloncesto de España, no adestramento...

Publicacións Relacionadas