Home A Coruña Neda activa por segundo ano o seu programa de reforzo escolar para...

Neda activa por segundo ano o seu programa de reforzo escolar para alumnado con especiais dificultades

- Anuncio -

A iniciativa vai dirixida a estudantes de primaria e secundaria do municipio

O Concello de Neda puxo en marcha este luns, no marco da agrupación cos veciños municipios de Fene e Mugardos, o programa formativo e de lecer saudable Refórzate. A segunda edición desta iniciativa, ofertada aos tres centros educativos públicos locais, vai dirixida a alumnado de primaria e secundaria con dificultades de aprendizaxe, problemas de conductas ou de xestión emocional, ou con carencia de habilidades sociais.

O programa, que arrancaba onte á tarde coa presentación do grupo de primaria e un encontro coas súas familias, contará con sesións semanais de apoio para os estudantes con dificultade de aprendizaxe xeneralizada, así como para rapaces e rapazas que o precisen nas áreas instrumentais ou materias centrais. Entre outras cousas, aprenderán técnicas de estudo para mellorar o rendemento académico, incidindo nos puntos febles de cada alumno/a.

Ademais, Refórzate incluirá sesións socioeducativas orientadas á previr condutas adictivas. Así, incluirá obradoiros para fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías entre o alumnado, para previr a ludopatía ou para favorecer unha alimentación saudable.

Os estudantes participantes son derivados polos centros escolares (CEIP San Isidro, CEIP de Maciñeira e IES Fernando Esquío) en colaboración coas familias e máis cos Servizos Sociais municipais. O grupo de primaria conta cunha decena de alumnos/as (número máximo por grupo), e o de secundaria iniciarase proximamente, pois está pendente de derivacións por parte do instituto.
Refórzate, subvencionado pola Consellería de Sanidade, buscará un obxectivo específico, segundo o traballo personalizado desenvolvido en cada caso, que irá dende a mellora nas competencias educativas e sociais, ata apoiar a socialización dos menores participantes, pasando por fomentar a autoestima e a responsabilidade ou promover hábitos de vida saudables.

Relacionadas

O Concello de San Sadurniño organiza unha nova edición das xornadas “Apostando polo sector...

0
A experiencia e as instalacións da Fusquenlla ocuparán parte do programa Durante tres días de novembro (o 8 o 15 e o 16) a Casa...

Carballo acolle a clausura de “Degusta A Coruña”, o congreso gastronómico que reivindica a...

0
As actividades celebraranse en Razo, cun programa exclusivo para profesionais que pechará o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira Carballo acolle a xornada de clausura da...

Xunta e o concello de Arteixo exploran novas vías de colaboración para o impulso...

0
— A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o alcalde, Carlos Calvelo, reúnense para estudar a reedición dun convenio que permitiu a posta...

A Bandeira Verde de Galicia volve ondear na praza do concello

0
A Laracha recibiu por terceira vez este recoñecemento da Xunta que avala as políticas municipais sobre a protección da paisaxe e do medio ambiente. O...

Retirados 67 quilogramos de lixo da praia da Lombiña-Cabío a través do voluntariado ambiental...

0
A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal sumouse á XIII Limpeza Simultánea de Praias convocada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de...

Ribeira amplía un ano máis o contrato do Servizo de Axuda ao Fogar (S.A.F.)...

0
Onte celebrouse o antepenúltimo pleno ordinario do ano onde se aprobaron por unanimidade os acordos da incorporación ao Inventario Municipal do Centro Social de...

Publicacións Relacionadas