Home A Coruña Carballo acolle a clausura de “Degusta A Coruña”, o congreso gastronómico que...

Carballo acolle a clausura de “Degusta A Coruña”, o congreso gastronómico que reivindica a excelencia da provincia

- Anuncio -

As actividades celebraranse en Razo, cun programa exclusivo para profesionais que pechará o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira

Carballo acolle a xornada de clausura da primeira edición de Degusta A Coruña, un congreso gastronómico organizado pola Deputación da Coruña no marco da iniciativa da área de Turismo A provincia que sabe, e que ten como finalidade reivindicar a excelencia da cadea agroalimentaria da provincia.
O vicepresidente provincial e deputado de Turismo, Xosé Regueira, destaca a aposta que se está a realizar desde o seu departamento “pola gastronomía e a cadea de valor agroalimentaria como primeiro produto turístico do noso escaparate”. Nese sentido, sinalou que nos últimos anos, “esta provincia pasou de ser un territorio de boa comida a un territorio gastronómico, precisamente grazas ao traballo de todos os elos desa cadea e ao de restauradores xoves que tratan o produto do mellor xeito e nos ofrecen experiencias gastronómicas de primeiro nivel. Ese é -engadiu- o obxectivo deste congreso: poñer en valor un sector que, ademais, traballa en conxunto e alianzas, ademais de falar de futurismo: o futuro do turismo e da gastronomía”.
Nesta xornada de clausura, que se celebra este mércores 30 de outubro no Náutico de Razo, desenvolveranse unha serie de actos pechados á participación de profesionais do sector. O programa é o seguinte:
• 14:00h. – 14:30h. Cociña a seis mans, con Iván Domínguez, Nado; Lolo Mosteiro, A Artesa da Moza Crecha, e Paula Martínez, A Artesa da Moza Crecha.
• 14:30h. – 16:00h. Fin de festa con Lolo Mosteiro e Paula Martínez, A Artesa da Moza Crecha.
• 15:30h. – 16:15h. Faladoiros A provincia que sabe, con Álvaro Victoriano, Coruña Cocina e Grupo Peculiar; Pepe Formoso, Asociación de Hostaleiros da Costa da Morte APTCM; Nieves Millán, Enoturismo María Manuela; Lucía Calvo e José Iglesias, La Despensa D’Lujo; Roberto Vidal Pombo, Festa do Percebe; Carmela Cano, Galmesán; Pascual Tarrón, A Conserveira, e Darío Capelo e Grace Castro, Chichalovers.
• 16:15h. – 16:30h. Relatorio de clausura con Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña.
“A axenda 2030 obríganos a repensar moitas cuestións, tamén relacionadas coa gastronomía, tanto a nivel global como local, e este congreso pareceunos un espazo idóneo para reflexionar sobre estes retos de futuro”, apuntou Regueira.

Relacionadas

O Concello de San Sadurniño organiza unha nova edición das xornadas “Apostando polo sector...

0
A experiencia e as instalacións da Fusquenlla ocuparán parte do programa Durante tres días de novembro (o 8 o 15 e o 16) a Casa...

Xunta e o concello de Arteixo exploran novas vías de colaboración para o impulso...

0
— A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o alcalde, Carlos Calvelo, reúnense para estudar a reedición dun convenio que permitiu a posta...

A Bandeira Verde de Galicia volve ondear na praza do concello

0
A Laracha recibiu por terceira vez este recoñecemento da Xunta que avala as políticas municipais sobre a protección da paisaxe e do medio ambiente. O...

Retirados 67 quilogramos de lixo da praia da Lombiña-Cabío a través do voluntariado ambiental...

0
A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal sumouse á XIII Limpeza Simultánea de Praias convocada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de...

Ribeira amplía un ano máis o contrato do Servizo de Axuda ao Fogar (S.A.F.)...

0
Onte celebrouse o antepenúltimo pleno ordinario do ano onde se aprobaron por unanimidade os acordos da incorporación ao Inventario Municipal do Centro Social de...

O Concello pon a punto o cemiterio de Boisaca para a celebración de Todos...

0
O Concello de Santiago realizou unha serie de melloras no cemiterio municipal de Boisaca en previsión do incremento do número de visitantes coincidindo coas...

Publicacións Relacionadas