Home Terra de Celanova Celanova Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia...

Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia que une o atractivo comercial cos recursos patrimoniais

- Anuncio -

O presidente provincial recalcou o carácter innovador desta iniciativa da Deputación, e visitou tamén en compañía do alcalde, Antonio Puga, e membros da Corporación as obras de ampliación de vestiarios no anexo do  campo de fútbol municipal e a sede da Fundación Curros Enríquez, poñendo en valor a importancia da cooperación institucional, “onde colaboramos en favor do deporte, o comercio local e a cultura”

O presidente provincial, Luis Menor, desprazou hoxe a súa xornada de traballo a Celanova, onde quixo poñer en valor a importancia da cooperación institucional, salientando que “colaboramos en favor do deporte, o comercio local e a cultura”, destacando tamén que “o noso xeito de traballar, coa colaboración como eixo principal, é o que primamos no Goberno Provincial e así seguiremos a desenvolver as políticas que máis beneficien e apoien aos municipios da provincia.

Así, Menor participou na presentación da primeira audioguía dixital patrimonio/comercio local, coa que a Deputación posibilita que o casco histórico de Celanova “sexa o primeiro espazo aberto de carácter monumental de Galicia que conte cunha audioguía dixital multimedia para que os visitantes poidan ser guiados polas rúas comerciais a través do patrimonio local”. A Deputación, en colaboración coa Asociación de Comerciantes CHEA, contribuirá a dinamizar a economía do comercio local a través da dixitalización, creando a primeira audioguía dixital aproveitando o potencial turístico da zona monumental. A través da dixitalización do material turístico en papel, ponse a disposición un innovador elemento de promoción coa cofinanciación de Fondos Next Generation.

Os usuarios poderán obter esta audioguía a través dun cógido QR que se lle facilitará gratuitamene nos comercios adheridos a esta iniciativa, e poderán escoitala no seu teléfono móbil puidendo deixala de recordo para escoitala con máis profundidade nos seus fogares. “Da man da cooperación institucional seguimos dando pasos firmes para a posta en valor do noso territorio provincial, ofrecendo ferramentas para que os municipios poidan desenvolver políticas de proxección turística innovadoras e produtivas”, explicou Luis Menor, amosando o seu convencemento de que “esta audioguía suporá un antes e un despois na política de promoción turística do municipio”.

Novos vestiarios no campo de fútbol municipal

Luis Menor tamén visitou a obra de ampliación dos vestiarios no campo de fútbol anexo de San Rosendo. “Esta dotación deportiva de herba sintética, utilizada polas escolas deportivas, verá ampliados e mellorados os seus vestiarios grazas á cooperación da Deputación”, recalcou o presidente provincial. De feito a Deputación aportou o 100% do importe desta obra, cifrada en 47.855,50 euros e consignada a través do Plan de Cooperación CooperOU.

Visita á casa natal de Curros Enríquez

A xornada de traballo en Celanova, -na que Menor estivo acompañado polo alcalde do municipio e presidente da fundación, Antonio Puga, así como por membros da Corporación-, culminou cunha visita á casa natal de Curros Enríquez e sede da fundación que leva o seu nome.

Luis Menor lembrou que a Deputación, como membro do Padroado da mesma, colabora activamente cos gastos de funcionamento desta entidade, “que ten como obxecto a promoción e difusión do coñecemento da vida e obra de Manuel Curros Enríquez, así coma dos outros escritores relacionados con Celanova”. A Fundación Curros Enríquez recibe máis de 6.000 visitas ao ano e 10.000 atendidas fóra nas actividades que organizan, ademais da visita de máis de 50 centros educativos ao ano de toda Galicia

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

Publicacións Relacionadas