Home A Coruña A Xunta chega a Curtis no percorrido de encontros con distintos axentes...

A Xunta chega a Curtis no percorrido de encontros con distintos axentes para informar da Rede Adival

- Anuncio -

— Trátase da terceira das reunións territoriais programadas polo Goberno galego con distintas institucións, equipamentos, xestores ou asociacións

— Anxo M. Lorenzo destaca o obxectivo de “unir esforzos para crear, cunha ferramenta común, unha programación cultural sólida no rural galego”

— A medida vai en consonancia coa Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia que se prevé aprobar a finais de ano

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, continuou hoxe en Curtis a rolda de xuntanzas territoriais que, ao longo destas semanas, está a manter con xestores e industrias culturais, equipamentos museísticos, federacións, asociacións e fundacións, entre outras entidades, para dar a coñecer de primeira man a Rede Adival de dinamización da cultura no rural de Galicia e escoitar as propostas e suxestións dos axentes implicados.

Tal e como explicou o representante da Xunta, a iniciativa nace co obxectivo de “xuntar esforzos e crear, a través dunha ferramenta común, unha programación cultural no rural galego que sexa o máis estable e sólida posible”. Deste xeito, sostivo, “con estas reunións tratamos de involucrar directamente aos entes de cada zona para que coñezan as vantaxes que lles aporta a creación deste circuíto e dialogar con eles sobre as súas suxestións”.

A iniciativa, tal e como lembrou Anxo M. Lorenzo, vai en consonancia coa Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia que se prevé aprobar a finais de ano co propósito de que “o lugar de residencia, a idade, ou calquera outra cuestión, non sexan un condicionantes á hora de poder gozar da mellor oferta cultural”.

Con estas xuntanzas continúan os movementos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de cara a contar nos vindeiros meses co documento no que quede definido o organigrama da Rede Adival, concibida como unha asociación de carácter voluntario que aglutinará a entidades sen ánimo de lucro e que suporá, subliñou o responsable da área de Cultura da Xunta, un “a ampliación de oportunidades no que ten que ver coa actividade cultural para a poboación que vive fóra das áreas urbanas”.

Liñas de actuación
A posta en marcha da iniciativa persegue ampliar a oferta cultural en todo o territorio, ademais de favorecer a diversidade de propostas e o intercambio rural-urbano. Así, entre as súas liñas de actuación figura o deseño dunha programación cultural propia, na que se contemple a itinerancia de ciclos polas entidades adheridas.

Tamén quedarán estipuladas as subvencións ás que terán acceso os integrantes, así como un servizo de asesoramento e un plan de formación. A elaboración dun programa de mediación que axude aos participantes na Rede na composición das súas actividades, tendo en conta os seus recursos e públicos, é outra das vantaxes das que se beneficiarán.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas