Home A Coruña A oficina de turismo de Neda despide a tempada tras recibir ao...

A oficina de turismo de Neda despide a tempada tras recibir ao redor de 3.000 visitantes

- Anuncio -

A Oficina de Turismo de Neda pecha temporada este xoves. Dende o arranque do verán botaron man deste servizo municipal preto de 3.000 persoas. A localización da caseta de información, á beira do albergue de peregrinos, fixo que a maioría dos usuarios e usuarias foran romeiros que percorren o Camiño Inglés.

Segundo apuntan dende a oficina, activada en xuño co apoio da Deputación da Coruña, durante o período de actividade achegáronse por este punto de información e recepción de visitantes un total 2.933 persoas, o 42% eran turistas internacionais (italianos, alemáns e británicos, por esta orde).
O groso das persoas atendidas foron peregrinos que optaron por finalizar en Neda a primeira etapa do itinerario xacobeo que parte do ferrolán porto de Curuxeiras. Así, ata 2.052 persoas que se achegaron á caseta fixeron noite na instalación turística anexa. De feito, a coordinación do albergue, propiedade da Sociedade de Xestión do Xacobeo, pero xestionada aínda actualmente polo Concello, foi unha das misións que asumiron as técnicas de turismo.

De xeito xeral, as principais consultas que atenderon tiveron que ver coa hostalería local e cos recursos turísticos da localidade, destacando principalmente a fervenza do Belelle, o casco histórico, e tamén o emblemático pan de Neda. E a isto hai que engadir, claro está, as consultas relativas ao propio Camiño de Santiago. Os meses de maior actividade foron, nesta orde, agosto, xullo e setembro. E destacou pola afluencia a fin de semana da Festa do Pan.

Ademais de mellorar a información en destino, a activación do servizo permitiu levar a cabo accións de promoción en citas turísticas como Primavera no Camiño Inglés ou Equiocio Ferrol, eventos nos que se promocionou a citada festa gastronómica e máis a ruta a Compostela ao seu paso pola vila.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas