Home Ourense O goberno municipal destaca o “éxito total” da programación do Halloween 2024,...

O goberno municipal destaca o “éxito total” da programación do Halloween 2024, que encheu de público as rúas da cidade

- Anuncio -

A Noite de Medo – Halloween de Ourense 2024 rematou cun balance moi positivo para o goberno municipal, que destaca o “éxito total” das actividades programadas na cidade. A edición de 2024, subliña, foi “a máis populosa e participativa” dunha celebración que o goberno local vén impulsando desde o ano 2019 (continuando desde 2021 até 2024) cunha ampla programación de actividades. As diferentes propostas lúdicas e festivas organizadas ao longo da xornada encheron de público pola tarde e pola noite as rúas da cidade, principalmente a Praza Maior, a Praza de Bispo Cesáreo e a zona dos viños.

A programación festiva comezou ás 5 da tarde cun obradoiro infantil de cabazas e maquillaxe, no Parque de San Lázaro, e continuou co espectacular Desfile do Medo, con Pablo Méndez, que avanzou pola rúa do Paseo até rematar na Praza Maior, onde se levou a cabo o concerto infantil. Got Pop – Un musical doutra galaxia. As propostas festivas e de animación incluíron tamén un flash mob, un túnel e unha pasaxe do terror, unha batucada, o espectáculo Chaioso Medo e a Procesión da Santa compaña (Paseo e zona vella). A parte musical completouse coa actuación da orquestra Panorama e de DJ A Gramola.

Relacionadas

O programa de fomento deportivo da Deputación promoveu unha vida saudable entre 2.400 participantes...

0
Cunha dotación de 60.000 euros, esta iniciativa incluíu ata 18 disciplinas para promover o deporte familiar A gran implicación da comunidade e a ampla franxa...

A Deputación abrirá en 2025 unha nova liña de axudas destinadas a asociacións de...

0
Cunha dotación de 50.000 euros, estas achegas teñen como obxectivo cubrir os gastos de xestión dos animais procedentes dos centros de acollida da rede...

Inaugurado o ascensor da rúa Rosalía de Castro

0
A obra supón unha importante mellora na comunicación peonil entre as dúas ribeiras do Miño O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, inaugurou esta mañá...

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

Pazolandia abrirá as súas portas o 26 de decembro con importantes novidades como pista...

0
O parque de atraccións máis importante de Galicia, con máis de 8.000 metros cadrados de actividades, estará aberto ata o 4 de xaneiro, en...

Publicacións Relacionadas