Home A Coruña VII Mostra Mares da Fin do Mundo, que se está a celebrar...

VII Mostra Mares da Fin do Mundo, que se está a celebrar no Concello de Ribeira

- Anuncio -

Este venres, 1 de novembro, desenvolveuse a terceira xornada da VII Mostra Mares da Fin do Mundo, que se está a celebrar no Concello de Ribeira ata o 3 de novembro. A xornada comezou coa celebración na Sala Polivalente do Auditorio de Ribeira da Mesa da Pesca Sostible. Moderada por Javier García Galdo (biólogo mariño) e baixo o título Elas traballan no mar, a actividade centrouse no papel fundamental da muller no sector pesqueiro, participando coma convidadas Amelia Caamaño Otero (bióloga da Confraría de Rianxo), Belén Queiruga Triñanes (gardapesca da Confraría de Rianxo), Celia Herbón Dieste (bateeira e vicepresidenta de Mulleres Salgadas — Asociación Galega de Mulleres do Mar), Miriam Paz Ramallo (percebeira e ouriceira da Confraría de Aguiño) e Rita Míguez de la Iglesia (mariscadora e presidenta da Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (ANMUPESCA).
A continuación, dende o Centro Náutico Deportivo de Ribeira, tiveron lugar as primeiras saídas de navegación tradicional do balandro Joaquín Vieta e da tarrafa Chasula, dúas embarcacións que permitiron ás persoas inscritas na actividade descubrir a espectacular paisaxe da Ría de Arousa e as historias que gardan estas naves históricas.
A xornada continuou pola tarde coa proxección de dous filmes participantes na Competición Oficial, comezando con Isblink, de Olga Krüssenberg (Suecia, 2024), unha obra ambientada en Svalbard e que a través das historias dos seus habitantes conforma unha memoria dun lugar que está cambiando a unha velocidade vertixinosa debido ao cambio climático. O segundo filme deste bloque foi Koka, de Aliaksandr Tsymbaliuk (Polonia, 2024), que documenta como gañan a vida un pai e o seu fillo nunha pequena aldea da costa do mar de Bering, pescando nunha comunidade que parece ancorada fóra do tempo.

Como peche desta terceira xornada da Mostra, o público asistiu á performance Echo Alfa Delta Zulu, un novo espectáculo audiovisual de Adrián Canoura e Anxo R. Ferreira, resultado dun proceso de investigación ao redor do mar e do arquivo sonoro/audiovisual existente, que parte da contraposición do mundo real e o imaxinario. Ao rematar o espectáculo, os protagonistas participaron nun coloquio co público que deu pé a falar de temas como a dicotomía entre a dureza e a beleza que experimentan os mariñeiros no seu traballo; a visión da dura vida dos mariñeiros lonxe do seu fogar, contraposta á inquedanza dos que quedan agardando en terra, ou mesmo a importancia deste tipo de obras, que nos permiten coñecer e reflexionar sobre a realidade do mundo do mar, narrada dunha forma poética.

A Mostra Internacional de Cinema Documental MARES DA FIN DO MUNDO está organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e o apoio, entre outros, da Deputación da Coruña, a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira. Así mesmo, MDFDM forma parte de Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, integrada na federación estatal Pantalla).

Materiais adicionais dispoñibles no sitio web da mostra e nas redes sociais de Mares da Fin do Mundo (Facebook, Instagram e Youtube). Tamén a petición no correo: comunicacion@maresdafindomundo.gal

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas