Home A Coruña Carballo conmemorará o 50º aniversario da casa do concello cun acto aberto...

Carballo conmemorará o 50º aniversario da casa do concello cun acto aberto a toda a veciñanza

- Anuncio -

Celebrarase o 15 de novembro e contará coa participación do arquitecto que deseñou o edificio, inaugurado no 1974, e de funcionarios da época

O 2 de febreiro de 1974 foi inaugurada, nun acto multitudinario, a actual casa do concello de Carballo. O edificio, que foi testemuña das últimas rabexadas do franquismo, da Transición e de toda a nosa historia democrática, conmemorará o seu 50º aniversario cun acto organizado pola Concellaría de Participación Veciñal e aberto a toda a cidadanía.

O evento celebrarase o 15 de novembro, ás 20.00 horas, no salón de sesións, coa presenza da corporación municipal, traballadores/as e veciños/as que desexen participar, ata completar a capacidade do espazo. Como símbolo do profundo cambio experimentado nestes cincuenta anos pola administración a todos os niveis, e especialmente no eido tecnolóxico, ese mesmo día estrearase o sistema de vídeo actas para os plenos, que tamén permite a gravación e retransmisión en directo.

O concelleiro de Participación Veciñal, Daniel Pérez, será encargado de abrir o acto, xunto cos únicos funcionarios que viviron o traslado do antigo edificio ao actual, Sofía Pérez Alonso, que formou parte do persoal do Concello de Carballo ata a súa xubilación, e José María Ameijenda Cuns, que era interventor municipal naquela época e que se xubilou no 2015 como interventor xeral do Parlamento de Galicia.

A intervención central correrá a cargo de José Manuel Rey Pichel, arquitecto carballés que deseñou a casa do concello, que foi decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, profesor da Escola de Arquitectura, concelleiro na Coruña, director técnico do solo do IGVS, director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, entre outros cargos, e que relatará de primeira man o proceso que culminou coa construción do edificio.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, pechará os relatorios, e o acto rematará coa actuación da Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo e uns petiscos para as persoas asistentes.

A partir dese mesmo día poderá verse nas oficinas xerais, situadas no primeiro andar do edificio, un panel expositivo sobre a historia do edificio.

Relacionadas

Canosa defende a igualdade como principio democrático na presentación de ‘Nosotras: El feminismo en...

0
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación introduciu a presidenta do Consello de Estado e autora do libro, destacándoa como unha “figura clave”...

“Historias das nosas: arando na memoria”, unha marabilla de exposición sobre as mulleres que...

0
A área municipal de Igualdade do Concello de San Sadurniño lanzou a primeiros de outubro o convite para participar na mostra "Historias das nosas:...

Persoal de Protección Civil e do servizo de augas saíu cara

0
Valencia para axudar nas zonas afectadas pola DINA A campaña de recollida de produtos de hixiene e alimentos non perecedoiros continuará mañá martes e o...

Accidente de tráfico na DP-7306, en Carreira, no concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados pasadas as 11:00 horas desta mañá dun accidente de tráfico acontecido na DP-7306, ao seu...

Un filme documental de Nós Televisión con Xurxo Souto para conmemorar o trinta aniversario...

0
Proxección do audiovisual con presentación e coloquio o 8 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, con entrada...

A II Feira Agroalimentaria e XXXIV Feira do Mel en Ortegal terá lugar esta...

0
As xornadas contarán con charlas, obradoiros, degustacións, sorteos de cestas e animación infantil. Durante as xornadas do sábado e domingo, Ortigueira acollerá na Alameda a...

Publicacións Relacionadas