Home A Coruña O PP de Culleredo pídelle a Rioboo que esixa ao Estado a...

O PP de Culleredo pídelle a Rioboo que esixa ao Estado a inmediata reparación do paseo do Burgo.

- Anuncio -

∙ Aberto ao público desde o pasado maio, os usuarios quéixanse do estado no que quedou o paseo. “As obras de reparación que prometían deixalo nun estado óptimo son de xeito evidente insuficientes”.

∙ Aos danos no pavimento e o mobiliario urbano, súmase que a lomba resultante da dragaxe non drena convenientemente e que a lagoa de Fonteculler xera malos cheiros pola auga estancada.

O Partido Popular de Culleredo trasladoulle ao alcalde, José Ramón Rioboo, as numerosas protestas “que os veciños nos transmiten a diario sobre o estado no que segue o paseo marítimo seis meses despois da súa apertura ao público tras a dragaxe da ría”.

Tras dar por finalizadas as obras de dragaxe o pasado mes de maio, os veciños puideron comprobar que “lonxe de ter un paseo renovado e en todo o seu esplendor como asegurou o alcalde que quedaría tras os traballos, os usuarios atopáronse con roturas e danos en todo o seu percorrido”, sinala a portavoz e líder popular, Izaskun García.

Xa en maio os populares facíanse eco das demandas veciñais e alertaban do estado no que se abriu o paseo, o que provocou que o alcalde, José Ramón Rioboo, reunísese con subdelegación de goberno e Demarcación de Costas. “Aseguróusenos entón que as reunións mantidas foran exitosas e que os labores de renovación do paseo serían inmediatas e completas. Á vista de todos está que non foi así en absoluto”, asevera García Gorostizu.

Ao mal estado do pavimento en varios tramos do percorrido “súmase un mobiliario urbano en moi malas condicións ou con importantes danos, que a lomba resultante do recheo á altura das pistas de Xoan Carlos I non drena de maneira adecuada provocando importantes charcos e zonas con lodo e que a lagoa de Fonteculler non rexenera a totalidade da auga provocando que esta se estanque e xere malos cheiros”, apuntan os populares.
“O propio alcalde presume sempre de ter excelentes relacións coa administración central, por iso pedímoslle que faga gala desa boa sintonía e métalles présa. Que pelexe de verdade para que o Estado cumpra cos compromisos adquiridos con Culleredo cando comezaron as obras da dragaxe e que nos deixen un paseo en óptimas condicións”.

Desde o Partido Popular insisten en que isto último é “fundamental. Esixir que se nos entregue o paseo en perfecto estado. Recibir a obra tal cal está agora mesmo supoñería un importantísimo gasto que todos os veciños teriamos que asumir nun futuro”.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas