Home Pontevedra O Concello de Redondela oponse ao Plan de Usos da Autoridade Portuaria...

O Concello de Redondela oponse ao Plan de Usos da Autoridade Portuaria ante a falta de protección ambiental

- Anuncio -
  • O plan do porto vigués non recolle ningún tipo de avaliación sobre o impacto ambiental que terá nunha zona especialmente sensible como é a Enseada de San Simón, espazo protexido pola Rede Natura 2000. Tampouco ten en conta os elementos da contorna de Rande que son patrimonio histórico, cultural e industrial.
  • A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, denuncia que o plan do Porto “ignora as demandas deste municipio e a súa realidade patrimonial e ambiental”. As actividades que proxecta o Porto tamén prexudicarían sectores “como a pesca artesanal e o marisqueo, que son sustentables e xeran riqueza no municipio”.

O Plan de Delimitación de Espazos e Usos do Porto de Vigo (DEUP) incumpre as esixencias do Ministerio para a Transición Ecolóxica en materia medioambiental. Así o determina o informe técnico do Concello de Redondela remitido á Autoridade Portuaria dentro do prazo de información pública. O plan do porto non recolle ningún tipo de avaliación ambiental sobre o impacto nunha zona especialmente sensible como é a Enseada de San Simón, espazo protexido pola Rede Natura 2000. O Concello de Redondela esixe que o Plan de Usos inclúa tamén os elementos que pertencen ao Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, así como o valor da contorna de Rande como referente do patrimonio histórico e industrial da ría. As alegacións presentadas advirten tamén que o porto debe ter en conta o Plan Especial de Protección da Paisaxe e das infraestruturas da mobilidade costeira recollido no PXOM aprobado inicialmente.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembra que o Concello xa presentou alegacións ao Plan de Usos portuario en 2020 “porque non tiña en conta o patrimonio cultural e natural da enseada de San Simón”. A última versión do plan “non inclúe ningunha alternativa nova”. O goberno local mantivo xuntanzas coa Plataforma en defensa da Enseada de San Simón para informalos dos trámites que se están a realizar. O Concello considera que o o pla do Porto “ignora as demandas deste municipio e a súa realidade patrimonial e ambiental, e non ten en consideración os criterios paisaxísticos, territoriais, culturais e socioeconómicos da zona”. As actividades que proxecta o Porto tamén prexudicarían sectores “como a pesca artesanal e o marisqueo, que son sustentables e xeran riqueza no municipio”. A falta de rigor no aspecto ambiental ten a súa continuidade no campo patrimonial, xa que o plan mostra un “absoluto esquecemento” do patrimonio do municipio, tanto material como inmaterial. Así, nas alegacións ao DEUP recóllense elementos patrimoniais catalogados no Plan Básico Autonómico e que se verían afectados polo Plan de Usos Portuarios. Desde o Concello de Redondela insisten en que o documento “debe garantir a protección deste espazo natural e concretar medidas para a conservación e recuperación dos hábitats protexidos e a biodiversidade”.

Cargadoiro Coto Wagner
O Concello de Redondela móstrase tamén firme contra o uso do antigo cargadoiro de mineral de Rande para unha explotación industrial ou depósito de colectores. O cargadoiro Coto Wagner “é un ben cultural e industrial de Redondela que conta co recoñecemento de Patrimonio tanto da Xunta como do Estado, e este Concello vaise opoñer frontalmente a calquera uso deste espazo litoral que non pase pola súa recuperación” advirte Rivas.

Relacionadas

Elefante Elegante presenta este venres no Teatro Municipal “Kyoki”

0
A obra de teatro xestual, dirixida a público familiar, aborda cunha mirada cómplice o esquecemento, a vellez e a soidade “Kyoki” é o título do...

O Consorcio Provincial de Emerxencias desprega unha dotación de cinco bombeiros e dous vehículos...

0
O presidente provincial destaca a profesionalidade do persoal de Emerxencias e recalca que todos os medios da Deputación están a disposición da Xunta, encargada...

O Concello habilitará dous novos aparcadoiros na Rúa Inferniño de máis de 2.700 metros...

0
Prepararanse dúas parcelas que permitirán dispoñer de máis de 100 prazas de estacionamento en pleno centro da vila O centro urbano de Marín ganará nas...

As Xornadas Micolóxicas de Mos cumpren 2 décadas de vida homenaxeando á veteranía e...

0
As dúas grandes novidades deste ano son o recoñecemento a Tomás do restaurante Adega da Tía Carmen, pioneiro da iniciativa, e a creación das...

A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia continúan en Vigo as reunións...

0
Representantes da institución provincial e do Goberno galego escoitan de primeira man ideas e suxestións do Instituto de Estudos Vigueses A Deputación de Pontevedra e...

A Deputación destina 35.000 euros para que nove entidades sen ánimo de lucro das...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 2.600 e os 6.600 euros e permitirán poñer en marcha proxectos de inserción...

Publicacións Relacionadas