Home A Coruña A mañá da cuarta xornada da VII Mostra Internacional de Cinema Documental...

A mañá da cuarta xornada da VII Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo tivo coma escenario para a primeira actividade do día a Lonxa de Ribeira

- Anuncio -

A mañá da cuarta xornada da VII Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo tivo coma escenario para a primeira actividade do día a Lonxa de Ribeira. O obradoiro de gyotaku dirixido Maribel Longueira, que contou coa colaboración da OPP83 e da propia Lonxa, permitiu aos participantes coñecer esta centenaria técnica de impresión de peixe, nada en Xapón a mediados do século XIX pola necesidade dos pescadores de rexistrar as capturas que realizaban. Deseguido, no Centro Náutico Deportivo de Ribeira, tivo lugar a segunda quenda de saídas de navegación tradicional a bordo do balandro Joaquín Vieta e da tarrafa Chasula.

Xa pola tarde, na Sala Principal do Auditorio de Ribeira, proxectáronse cinco títulos da Competición Oficial, divididos en dous bloques. O primeiro bloque abriuno Fishing whith Timbó, de Aida Harika Yanomami, Edmar Tokorino Yanomami e Roseane Yarina Yanomami (Brasil, 2023), un filme no que se describe o proceso indíxena da pesca con timbó, unha vide que se utiliza tradicionalmente para atordar aos peixes. Posteriormente, proxectouse Boca Chica, de Ái Vuong e Samuel Díaz (Estados Unidos, 2023), que documenta a limitación de aceso á praia de Boca Chica cando a empresa Space X organiza algún despegue, descubrindo a beleza hipnotizadora desta costa fráxil e a loita por un aceso libre para os seus visitantes de toda a vida. Contamos coa presenza na Mostra dos directores da obra, que presentaron o filme e participaron nun coloquio cos asistentes unha vez finalizada a proxección. Pechou este bloque Voyage de documentation de Madame Anita Conti, de Louise Hémon (Francia, 2023), que relata a experiencia de Anita Conti, a primeira muller oceanógrafa de Francia, cando embarcou no ano 1952 nun arrastreiro para compartir a dura vida dos pescadores de bacallau no Atlántico.

O último bloque da Competición Oficial comezou coa proxección de Arrullo, de Amauta García e David Camargo (Países Baixos, 2023), unha canción de berce para Zuidwal, un volcán considerado morto situado debaixo do Mar de Wadden, explotado para extraer o gas natural que se atopa sobre o seu cráter. O director David Camargo estivo presente na Mostra, presentando a obra e participando nun coloquio co público asistente ao rematar a proxección. A última cinta a competición foi Toxicily, de François-Xavier Destors e Alfonso Pinto (Italia/Francia, 2023), un documental sobre o impacto dun dos maiores complexos petroquímicos de Europa, situado na cidade siciliana de Siracusa, que 70 anos despois segue a contaminar ceo, auga e terra.

A cuarta xornada de MDFDM rematou coa proxección de Deep Rising, de Matthieu Rytz (Estados Unidos, 2023), filme programado na sección Proa II, que trata sobre os intentos dunha organización secreta para extraer metais dos fondos oceánicos de forma masiva, poñendo en risco estes fráxiles ecosistemas.

A Mostra Internacional de Cinema Documental MARES DA FIN DO MUNDO está organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e o apoio, entre outros, da Deputación da Coruña, a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira. Así mesmo, MDFDM forma parte de Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, integrada na federación estatal Pantalla).

Materiais adicionais dispoñibles no sitio web da mostra e nas redes sociais de Mares da Fin do Mundo (Facebook, Instagram e Youtube). Tamén a petición no correo: comunicacion@maresdafindomundo.gal

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas