Home Xunta de Galicia A Xunta conmemora o aniversario do nacemento de Neira Vilas coa lectura...

A Xunta conmemora o aniversario do nacemento de Neira Vilas coa lectura continuada de ‘Memorias dun Neno Labrego’

- Anuncio -

Coincidindo con esta data, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebra hoxe o Día da lectura

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe nas homenaxes feitas ao autor Xosé Neira Vilas coincidindo coa celebración do 96 aniversario do seu nacemento. Nos actos, que se levaron a cabo na sede da Fundación que leva o seu nome, fíxose unha lectura continuada de Memorias dun neno labrego, unha das obras máis universais da literatura galega e, de feito, a máis traducida e editada.
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, felicitou á Fundación Neira Vilas polo labor que desenvolve e que “segue mantendo vivo o recordo e o espírito dun dos máis grandes escritores das letras galegas”. Neste sentido, Valentín García salientou a figura do crucense que “grazas a actividades como as de hoxe, poñemos de manifesto o valor que deu e continúa dando á literatura da nosa terra e ao uso da nosa lingua”.
No marco deste acto, o secretario xeral da Lingua lembrou que coincidindo con esta data a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude festexa tamén o Día da lectura. Con este motivo, fixo fincapé no compromiso do Goberno galego coa creación de obras en galego así como o impulso que recibe o sector grazas ás diferentes convocatorias de premios como o Xosé Neira Vilas de literatura infantil que pechou hoxe o prazo de recepción de textos.
O libro en galego máis editado e traducido
Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015), foi un recoñecido e premiado escritor galego, membro da Real Academia Galega, e galardoado coa Medalla Castelao e a Medalla de Ouro de Galicia. Conta cunha ampla produción narrativa entre a que destaca Memorias dun neno labrego, que acabou converténdose no libro escrito en galego máis editado e traducido.
Esta obra, publicada en 1961, narra a historia de Balbino, un neno que medrou nunha aldea galega e que tivo que afrontar as dificultades da vida rural e a sociedade daquela época. Co tempo acabou converténdose nun clásico da literatura galega, onde se retrata a vida dunha xeración marcada pola emigración e a pobreza.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña

0
― Cómpre lembrar que se mantén desde esta tarde o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e en Pontevedra ―...

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

O Servizo Galego de Saúde destina máis de 3,7 M€ a realizar máis de...

0
 Fabricáronse 1.500 doses de radiofármacos extra e fixéronse 4.100 informes adicionais das unidades móbiles de resonancias magnéticas  A sanidade pública dispón así de...

A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de renovación do firme en 5...

0
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo,...

A Xunta autoriza 114 prazas para novos profesores axudantes doutores en todas as ramas...

0
Por áreas, 52 prazas son para Ciencias Sociais e Xurídicas, 25 para Enxeñaría e Arquitectura, 19 para Ciencias da Saúde, 9 para Artes e...

Un total de 36 centros educativos intercambian boas prácticas docentes na fase autonómica do...

0
A Xunta impulsa desde hai dez cursos esta iniciativa baseada na observación do traballo na aula que permite as docentes coñecer outras realidades e...

Publicacións Relacionadas