Home Tabeirós A Estrada BNG presentará unha moción de urxencia para paralizar a reforma da Farola...

BNG presentará unha moción de urxencia para paralizar a reforma da Farola e cambiar o modelo de actuacións urbanísticas

- Anuncio -

Xoán Reices: “non podemos seguir tirando cos cartos en obras faraónicas para a galería, obras, que, por outra parte, non aportaron nada o noso concello. Temos que cambiar o modelo”

No vindeiro pleno do mes de novembro o BNG da Estrada presentará unha moción de urxencia para paralizar a controvertida reforma da Praza da Farola, así como mudar o modelo de actuacións urbanísticas que vén acometendo o goberno do PP.

O concelleiro do BNG, Xoán Reices, entende que “non podemos seguir tirando cos cartos en obras faraónicas para a galería, obras, que, por outra parte, non aportaron nada o noso concello; ao contrario, vemos como se utilizan fondos europeos para arrasar o noso patrimonio, así como elementos simbólicos que acaban aniquilando a alma da nosa vila”.

“Só a reforma e ampliación da Alameda, a reforma da praza da feira, os baños intelixentes, as pantallas dos aparcadoiros… suman máis de 4 millóns de euros gastados en actuacións que o goberno municipal do PP acometeu con cargo a fondos europeos, que á vista dos feitos non supón termos unha vila máis accesíbel, máis habitábel ou máis intelixente”, afirma Reices. “E se engadimos a a reforma da Praza da Farola (1.200.000 euros) o total de gasto superará amplamente os 5 millóns de euros, un dispendio que non se traducirá en máis ingresos para o concello, que non traerá máis emprego, nin impedirá o peche de comercios”, engade.

Temos que mudar de modelo

O concelleiro do BNG, Xoán Reices explica que o goberno municipal ten que mudar de modelo urbanístico. “Non podemos seguir por este camiño que está claro que non nos leva a ningures, non hai máis que ver os datos demográficos”, afirma. “Os fondos da Axenda Urbana deben adicarse a abrir novas rúas, que unha vez executadas completarían unha trama viaria que contribuiría a desconxestionar o tráfico polo centro da vila e conformar un novo espazo urbano, que traería máis ingresos para o concello, evitando así terlle que subir os impostos aos veciños e veciñas”.

“Tamén teríamos espazo para poñer en marcha un parque público de vivendas para as familias traballadoras teñan máis doado acceder a unha vivenda”, explica Reices. “Necesitamos tamén incrementar as áreas de lecer polo casco urbano, non concentrar todo nun só espazo”, engade.

Saneamento do rural

“Por outra parte”, explica Reices, “tamén consideramos imprescindíbel empezar xa co saneamento do rural, é unha tarefa ineludíbel que non podemos obviar por máis tempo; os veciños e veciñas do rural tamén pagan imposto e tamén teñen que ter servizos como na vila”.

O concelleiro do BNG Xoán Reices indica que “desde o BNG levamos anos explicando que polo camiño que nos leva o PP imos mal; mais non queremos que o tempo nos dea razón coma sempre, queremos cambiar un modelo urbanístico para ter un concello vivo e con futuro e para iso é preciso deixar de lado as obras faraónicas e utilizar os fondos que recibimos para traballar sobre as necesidades dos veciños e veciñas”.

“A moción urxente que presentaremos no próximo pleno trasladareilla previamente aos demais grupos políticos con representación na corporación”, explica Reices, “non queremos impoñer o noso modelo nin as nosas ideas, mais si pensamos que pode ser un punto de partida para dedicar os fondos públicos ao importante: as necesidades dos veciños e veciñas”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas