Home A Coruña Excéntricas presentan o venres en Neda “O auto do Castromil”

Excéntricas presentan o venres en Neda “O auto do Castromil”

- Anuncio -

A compañía Producións Teatrais Excéntricas trae a Neda este venres, a partir das 20.30 horas, un dos seus últimos espectáculos. Trátase de “O auto do Castromil”, gañador do III concurso de proxectos da Fundación Manuel María. A montaxe, para a que xa se poden reservar ou adquirir as entradas, está coproducida polo Centro Dramático Galego e conta cun elenco de auténtico luxo.
A segunda cita do ciclo “Tempo para o teatro” permitirá desfrutar dunha obra, creada a partir de anacos de distintas obras do citado escritor chairego como A rebelión dos baús, O Auto dos semulados da Caravilla, Unha vez foi o trebón, Abril de Lume e Ferro, e o Entremés da OTAN.
Dirixida por Quico Cadaval, e protagonizada por Víctor Mosqueira, Rocío González, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, “O auto do Castromil” propón, segundo a compañía, “unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente”. O espectáculo gañou dous Premios de Teatro María Casares (mellor dirección e vestiario) e foi candidato na categoría de mellor espectáculo nos Premios Max.
As entradas da obra, que chega á localidade co apoio da Deputación da Coruña, teñen un custo de 2 euros e poden chamando ao 981390233. Tamén se vén de activar a venda anticipada de localidade na Casa da Cultura en horario de 9 a 13 horas. O propio venres poderán conseguirse tamén na billeteira da Casa da Cultura dende dúas horas antes da función.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas