Home A Coruña A Pobra afonda no mundo dos cogomelos durante esta fin de semana...

A Pobra afonda no mundo dos cogomelos durante esta fin de semana coas VIII Xornadas Micolóxicas

- Anuncio -

Fin de semana micolóxica na Pobra do Caramiñal. A Concellaría do Medio Ambiente exalta unha vez máis un dos produtos estrela da tempada outonal coas oitavas xornadas: os cogomelos. Segundo manifesta o edil Xosé Lois Piñeiro, “temos actividades para o público en xeral, pero tamén facemos especial énfase na rapazada. Queremos achegarlle coñecementos á veciñanza sobre o mundo dos fungos. Adóitase descoñece-los distintos aproveitamentos deste recurso natural e, neste ano, falaremos sobre as súas propiedades nutricionais e desfrutaremos novamente de pratos en base a esta valiosa materia prima que temos nos nosos bosques.”

María Cabaleiro, de MycoGalicia Plantae, impartirá a charla Cogomelos: gastronomía e nutracéutica, no venres 8, ás 20.30 horas, no auditorio da biblioteca municipal.

No sábado 9 haberá un taller familiar de inoculación de shiitake a cargo do micólogo Miguel Tembra. Dirixido a rapazada ata 12 anos, acompañados dunha persoa adulta, desenvolverase no centro sociocultural do Vilariño, ás 17.00 horas. Aínda quedan prazas libres que se deben reservar a través do enderezo electrónico apobra.micoloxia@gmail.com.

O groso das actividades concentrarase no domingo 10, pois tocará despedir esta edición con varias propostas. Unha saída ao monte iniciará este derradeiro día. O traslado efectuarase en vehículos particulares co punto de encontro establecido nas inmediacións do mercado municipal, ás 10.00 horas. Deseguido, as persoas asistentes desprazaranse ata a praza de abastos para a exposición de cogomelos e a entrega de premios do VIII Concurso Fotográfico de Micoloxía, ás 13.00 horas. Por último, tocará degustar receitas en base aos cogomelos cun showcooking da man de Luis Arijón, xefe de cociña do restaurante Nojira, ás 14.00 horas. As inscricións xa están cubertas na súa totalidade.

No referido ao certame, este rexistrou unha participación de 63 instantáneas. O xurado ditaminou que a primeira distinción sexa para unha fotografía da autoría de Sergio Pérez Boullón, a segunda para unha imaxe tomada por Tomás Rodríguez Novoa e a terceira se adxudique a unha instantánea de Ramón Carlos Encisa Fraga. Repártense así 750 euros en premios baixo o formato de vales de compra para trocar no comercio local ou en https://www.deanshop.es/.

Tamén hai accións destinadas exclusivamente á comunidade educativa da primaria. Os CEP Pilar Maestú Sierra e CEP Salustiano Rey Eiras acollen ata finais do mes de novembro unha exposición integrada polas imaxes galardoadas nas convocatorias previas do concurso fotográfico. O alumnado destes centros de ensinanza recibirán tamén un obradoiro micófilo: no mércores 6, en Bandaseca, e no xoves 7, en Cadreche.

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas