Home A Coruña A II Feira Agroalimentaria e XXXIV Feira do Mel en Ortegal terá...

A II Feira Agroalimentaria e XXXIV Feira do Mel en Ortegal terá lugar esta fin de semana

- Anuncio -

As xornadas contarán con charlas, obradoiros, degustacións, sorteos de cestas e animación infantil.

Durante as xornadas do sábado e domingo, Ortigueira acollerá na Alameda a máis de 25 produtores con motivo da II Feira Agroalimnetaria e XXXIV Feira do Mel. Estas xornadas teñen como principal obxectivo dar difusión aos distintos elaboradores e comercializadores de mel e productos agroalimentarios, e poñer en valor a excelencia da calidade dos produtos locais.

Entre os diferentes stands poderase atopar unha escolma dos mellores queixos, embutidos, hortalizas, verduras, produtos de herbolario, alimentación ecolóxica, panadería, chocolates e mel da zona.

Entre as moitas actividades que se desenvolverán durante a fin de semana, o sábado na Carpa da Feira realizarase un “Obradoiro de cera: velas de cera para nenos” (11:00-20:00h), ademais de contar con animación infantil coma pintacaras (12:00-13:30h). Esa mesma mañá terá lugar a charla “Os cabalos de pura raza galega”, impartida por PURAGA no Centro Social Alameda (12:00-12:45h). A xornada matinal concluirá cunha degustación gratuita de produtos agroalimentarios da man da Asociación Entre Fogóns no Mercado Municipal (13:30-14:30h). Pola tarde, poderase gozar dun espectáculo de maxia para nenos a cargo de Magic Mateo (17:30-18:30h).

As xornadas de animación infantil manteranse tamén para o domingo, día no que a Feira abrirá ás 10:00h, iniciando a xornada co obradoiro de cera que se manterá ata ás 20:00 h. Tamén haberá Teatro infantil da man de Brincadeira Pirata na Carpa da Feira (16:00-17:30h). O domingo contará con dúas charlas, ambas no Centro Social Alameda, unha pola mañá, “AGA: produtos de colmea” (12:00-12:45h) e outra pola tarde, “AGA: Apicultura e biodiversidade” (16:00-16:40h). Un obradoiro de extración de mel para toda a familia pechará as actividades desta feira, na Carpa da Feira (17:30-18:15h).

Desde a organización animan a todos os veciños de Ortegal e arredores a acompañalos no que sen dúbida será unha saborosa fin de semana para toda a familia chea de actividades para tódolos gustos.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas