Home Pontevedra Baixo Miño Elefante Elegante presenta este venres no Teatro Municipal “Kyoki”

Elefante Elegante presenta este venres no Teatro Municipal “Kyoki”

- Anuncio -

A obra de teatro xestual, dirixida a público familiar, aborda cunha mirada cómplice o esquecemento, a vellez e a soidade

“Kyoki” é o título do espectáculo que este venres, 8 de novembro, ás 19 h presenta Elefante Elegante dentro da programación de outono. Baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro, coa interpretación de María Torres e a manipulación de obxectos de Mario Rodríguez, aborda cunha mirada cómplice, reflexiva e sensible o esquecemento, a vellez e a soidade. O título do espectáculo Kyoki significa “demencia” en xaponés. No mesmo, a actriz principal, interpreta a avoa, a súa filla e a doutora, representando así á familia, as institucións médicas e sociais.

A través dunha linguaxe xestual, que se apoia na manipulación de obxectos e na interacción constante co espazo escénico, o espectáculo constrúe un universo cómico e poético, movéndose entre o realismo e a hipérbole da vida cotiá.

O espectáculo, dirixido a público familiar, conta cunha duración de 45 minutos. As entradas están á venda en tui.gal até o venres ás 18.50 h aos prezos de 4€ e 3€.

Relacionadas

O Consorcio Provincial de Emerxencias desprega unha dotación de cinco bombeiros e dous vehículos...

0
O presidente provincial destaca a profesionalidade do persoal de Emerxencias e recalca que todos os medios da Deputación están a disposición da Xunta, encargada...

O Concello habilitará dous novos aparcadoiros na Rúa Inferniño de máis de 2.700 metros...

0
Prepararanse dúas parcelas que permitirán dispoñer de máis de 100 prazas de estacionamento en pleno centro da vila O centro urbano de Marín ganará nas...

As Xornadas Micolóxicas de Mos cumpren 2 décadas de vida homenaxeando á veteranía e...

0
As dúas grandes novidades deste ano son o recoñecemento a Tomás do restaurante Adega da Tía Carmen, pioneiro da iniciativa, e a creación das...

A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia continúan en Vigo as reunións...

0
Representantes da institución provincial e do Goberno galego escoitan de primeira man ideas e suxestións do Instituto de Estudos Vigueses A Deputación de Pontevedra e...

A Deputación destina 35.000 euros para que nove entidades sen ánimo de lucro das...

0
O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os 2.600 e os 6.600 euros e permitirán poñer en marcha proxectos de inserción...

O concello de Bueu recomenda as axudas económicas para as persoas afectadas da DANA...

0
Dende o Concello de Bueu, e seguindo as instrucións da FEGAMP e da FEMP, recoméndase á cidadanía facer doazóns económicas dado que os responsables...

Publicacións Relacionadas