Home Pontevedra O PSdG esixe á Xunta investimentos en Redondela por valor de 47...

O PSdG esixe á Xunta investimentos en Redondela por valor de 47 millóns

- Anuncio -
  • A Agrupación do PSdeG de Redondela cualifica os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025 como “decepcionantes e totalmente insuficientes para o cuarto Concello da provincia de Pontevedra”. A secretaria xeral do partido, Digna Rivas, lamenta que unha vez máis “a Xunta de Galicia esquece por completo a Redondela e as necesidades da súa veciñanza”.
  • Entre as emendas que o partido socialista presenta ás contas da Xunta están “importantes infraestruturas demandadas desde hai anos e compromisos da propia Xunta de Galicia incumpridos”. É o caso do plan para a remodelación integral do Porto de Cesantes, a escola infantil de Chapela ou o comedor do CEP Santa Mariña.

A Agrupación do PSdeG de Redondela cualifica os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025 como “decepcionantes e totalmente insuficientes para o cuarto Concello da provincia de Pontevedra”. A secretaria xeral do partido, Digna Rivas, lamenta que unha vez máis “a Xunta de Galicia esquece por completo a Redondela e as necesidades da súa veciñanza”. Entre as emendas que o partido presenta ás contas do goberno galego están “importantes infraestruturas demandadas desde hai anos e compromisos da propia Xunta de Galicia incumpridos”. É o caso do “Plan para a remodelación integral do Porto de Cesantes”, prometido por Portos de Galicia no ano 2011 e que inclúe, entre outras actuacións, a demolición do dique actual e a construción dun dique flotante, departamentos para usuarios, un edificio de servizos náutico recreativos e a urbanización da contorna. “Dese plan anunciado hai trece anos tan só se construíu a nova lonxa”, sinala Rivas. O orzamento aproximado das infraestruturas que faltan é duns 8 millóns de euros.
A nivel medioambiental, as demandas dos socialistas pasan polo soterramento da depuradora municipal situada na Marisma “para a mellora da contorna así como para evitar os vertidos e malos cheiros nesta zona do casco urbano”. Esta actuación está valorada en 27 millóns de euros. Esixen tamén a reparación e creación de novas redes de pluviais no municipio para a separación de augas limpas e augas sucias para que a actual depuradora “non teña que soportar as augas procedentes das escorrentías que provocan desbordamentos”. Outra das demandas a Augas de Galicia é a limpeza e mellora das canles dos ríos Maceiras, Pexegueiro, Alvedosa, Pugariño e Fondón. “O mal estado destas canles fluviais fai que se corra risco de desbordamentos que mesmo poderían afectar a vivendas”, advirte a secretaria xeral do PSdG no municipio. Esixen de Augas de Galicia a limpeza e mellora das canles dos ríos Maceiras, Pexegueiro, Alvedosa, Pugariño e Fondón. “O mal estado destas canles fluviais fai que se corra risco de desbordamentos que mesmo poderían afectar a vivendas”, advirte a secretaria xeral do PSdG no municipio. Estas actuacións precisan dun investimento de 750.000 euros. Ao organismo de Costas de Galicia solicitan a recuperación da Enseada de San Simón e a retirada da escollera do río Alvedosa para a recuperación dos recursos mariños da zona, cun orzamento duns 4 millóns de euros.
En materia de Infraestruturas e Mobilidade o PSdeG solicita que se inclúa nos orzamentos unha partida de 500.000 euros para a mellora da seguridade e mobilidade na estrada de Reboreda. Demandan a construción de lombos de burra na PO-250 na converxencia coa estrada provincial ata entrada da vila pola rúa Xoan Manuel Pereira, e mellora de beirarrúas, así como ampliación da vía e a eliminación da curva do punto quilométrico 0,250. En Chapela solicitan a construción da segunda fase da avenida de Vigo, desde o Alto da Encarnación ata enlazar coa recente reforma da plataforma de rodaxe e beirarrúas, obra cun orzamento de 1.000.000 euros.
Outra demanda histórica que segue sen ter resposta por parte da Xunta de Galicia é a escola infantil de Chapela. Rivas lembra que “é unha das prioridades desta parroquia que ten 9.000 habitantes e precisa un centro para crianzas de 0 a 3 anos”. Solicitan unha partida de 1,5 millóns para a súa construción na finca Ginaria. Tamén en materia de Ensino solicitan unha achega de 300.000 euros para a construción dun comedor escolar na EEI A Marisma e outro no CEP Santa Mariña. “Trátase dun servizo moi demandado polas familias e outra das promesas incumpridas da Xunta de Galicia”. Rivas advirte que o único investimento da Xunta en Redondela son as obras do IES Floriani “e acumulan un atraso de 8 meses, o que está a ocasionar problemas no funcionamento do centro”
En canto aos departamentos de Cultura, Turismo e Patrimonio, os socialistas de Redondela instan á Xunta a incluír nos seus orzamentos unha partida de 3 millóns para a recuperación do Castelo de Rande e a súa contorna, e outra de 1,5 millóns para a construción dun auditorio. Explica Rivas que na actualidade “a capacidade dos dous multiúsos municipais para actos culturais non é suficiente para acoller recoñecidas actividades que se celebran como o Festival Internacional de Títeres, concertos de música ou ciclos de teatro”.

Relacionadas

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo...

0
O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendasO Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

Publicacións Relacionadas