Home Deputacións Deputación Pontevedra As solicitudes das axudas provinciais para deportistas de alto nivel marcan récord...

As solicitudes das axudas provinciais para deportistas de alto nivel marcan récord e dispáranse un 43% ata as 451

- Anuncio -

Estas axudas, divididas nas subcategorías de DEPO_DAN, DEPO_DAN+ e DEPO_TALENTO, concédense por concorrencia competitiva e en función dos resultados do 2023, co obxectivo de posibilitar a súa participación en competicións internacionais e nacionais

A Deputación de Pontevedra aumentou o crédito dedicado a esta liña de subvencións nun 10% este ano chegando aos 275.000 euros, co fin de contribuír a custear os gastos derivados dos adestramentos, concentracións, competicións e viaxes

A vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, visitou hoxe nas instalacións do In Legatum Sport Club a Aisha Corredoira, a viguesa campioa de España de Boxeo en Idade Escolar que neste 2025 poderá beneficiarse das axudas provinciais para novos talentos

A Deputación de Pontevedra rexistrou récord de solicitudes das axudas para deportistas de alto nivel con 451 peticións, un 43% de incremento respecto ás recibidas na anterior convocatoria. Así o anunciou a vicepresidenta Luisa Sánchez, quen tivo ocasión de visitar este martes á campioa de España de Boxeo en Idade Escolar, Aisha Corredoira, nas instalacións do In Legatum Sport Club.

Tal e como avanzou a responsable provincial, tras alzarse co título nacional de cadete, a deportista do Rebouras Team poderá beneficiarse o vindeiro ano das axudas que concede a Deputación para novos talentos. Neste sentido, Sánchez quen puido coñecer da man de Antonio Rebouras, responsable del club de boxeo olímpico, e de Aisha Corredoira os seus plans deportivos máis inmediatos, destacou a fulgurante traxectoria da deportista viguesa, tras iniciarse nesta disciplina no 2023. “Aisha ten un carreira prometedora dirixida ademais por un dos mellores adestradores da canteira galega, Antonio Rebouras, un referente e toda unha autoridade no boxeo en Galicia”, salientou a vicepresidenta, quen lle desexou a boxeadora olívica a maior das sortes nas citas que ten previstas para a nova tempada.

Sánchez reflexou en Aisha os grandes logros deportivos da provincia neste 2024, no que destacou a importante presenza de deportistas pontevedreses nas Olimpíadas e Paralimpíadas de París, representando á metade da delegación galega, e que tamén exemplificou nas 451 solicitudes de axudas rexistradas na Deputación para deportistas de alto nivel, a maior cifra da serie histórica. Segundo dixo, quedarán resoltas nos vindeiros días. A vicepresidenta lembrou que o pasado ano recibiron estas axudas un total de 316 deportistas. Entre eles atopábanse Teresa Portela, Desirée Vila, Susana Rodríguez Gacio, os irmáns Rodríguez Huertas, Antía e Daniel Chamosa ou Antía Jácome.

Estas axudas, divididas nas subcategorías de DEPO_DAN, DEPO_DAN+ e DEPO_TALENTO, concédense por concorrencia competitiva e en función dos resultados do 2023, co obxectivo de posibilitar a súa participación en competicións internacionais e nacionais. No presente exercicio, a institución provincial aumentou o crédito dedicado a esta liña de subvencións nun 10% este ano chegando aos 275.000 euros, co fin de contribuír a custear os gastos derivados dos adestramentos, concentracións, competicións e viaxes.

Gala do Deporte
A vicepresidenta fixo ademais mención á Gala do Deporte que se celebrará este vernes 8 de novembro no pavillón do IES Castelao de Vigo, e que renderá homenaxe aos participantes da provincia nas Olimpíadas e Paralimpíadas do 2024. E xunto aos participantes dos Xogos de París, o deporte provincial terá tamén un lugar destacado no contido da gala, que reunirá aos deportistas becados pola Deputación de Pontevedra, cunha mención especial aos logros e méritos máis salientables dos deportistas da provincia na reciente tempada.

A gala, que incluirá proxeccións audiovisuais, música e exhibicións deportivo-artísticas, estruturarase en tres grandes bloques, dedicando un terceiro eixo temático á provincia como escenario de grandes eventos deportivos; sede de O Gran Camiño, do Internacional 6 Days of Enduro, do Mundial de Ciclocrós, da Vuelta Ciclista ou dos partidos oficiais das seleccións absolutas feminina e masculina de balonmán, entre outras citas destacadas.

Relacionadas

Luis Menor e José Ramón Lete reforzan a cooperación institucional a prol das infraestruturas...

0
O presidente da Deputación e o secretario xeral para o Deporte, Luis Menor e José Ramón Lete, respectivamente, mantiveron esta mañá unha reunión de...

Luis Menor amósase orgulloso “de que a nosa provincia cumpra cos obxectivos ODS, dando...

0
No acto de peche do proxecto OUDS A2030, que implicou a 27 municipios da provincia na creacións das súas propias axendas 2030 en desenvolvemento...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra participa na clausura do I Congreso Internacional CREA

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta tarde na clausura do I Congreso Internacional CREA, organizado pola vicerreitoría de Pontevedra da...

Lores aproba a reforma da PO-531 na contorna do colexio de Campañó como medida...

0
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores visitou esta mañá as obras de seguridade viaria que a Xunta realiza na estrada autonómica PO-531...

Catro bombeiros de Ponteareas presentan a súa axuda no concello valencián de Alfafar

0
• Dende primeira hora da mañá traballan achicando auga en garaxes A concellería de Seguridade do Concello de Ponteareas informa que catro bombeiros do servizo...

O pleno de Soutomaior aproba a nova ordenanza do lixo para facer fronte ao...

0
O alcalde Manu Lourenzo sinalou que o Goberno local habilitará bonificacións ás familias que o precisen e a aquelas persoas que reciclen, pero temos...

Publicacións Relacionadas