Efectivos do servizo de prevención e extinción de incendios do Concello de Ourense sumáronse como voluntarios para colaborar nos traballos de emerxencia que se están a realizar en Valencia fronte aos danos ocasionados pola dana. Onte ás 8 da tarde, saíu cara á zona afectada un equipo de 6 bombeiros de Ourense e outros tantos daranlles o relevo ao longo da semana.
O Concello colabora nesta iniciativa, asumindo os gastos de desprazamento e achegando medios e materiais.