Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor amósase orgulloso “de que a nosa provincia cumpra cos obxectivos...

Luis Menor amósase orgulloso “de que a nosa provincia cumpra cos obxectivos ODS, dando as ferramentas para avanzar xuntos en materia de sostebilidade”

- Anuncio -

No acto de peche do proxecto OUDS A2030, que implicou a 27 municipios da provincia na creacións das súas propias axendas 2030 en desenvolvemento sostible, o presidente provincial salientou a importancia de destas iniciativas “que nos invitan a traballar dende o rural en prol de acadar obxectivos globais”

Recalcou que con este proxecto, a Deputación de Ourense dá un paso á fronte polo desenvolvemento sostible e a loita contra o cambio climático, recalcando que, “os ODS amosan o camiño a seguir nunha provincia na que temos moito que ensinar polo noso gran potencial en lonxevidade”.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel, acolleu o acto de peche do proxecto OU DS AXENDA 2030, financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e A2030 e que contou cun investimento de 183.172,46 euros,. O acto estivo centrado en poñer en valor o labor técnico e comunicativo realizado, tanto internamente na propia Deputación, como en cooperación cos 27 concellos participantes: A Bola, A Peroxa, A Rúa, Allariz, Arnoia, Bande, Baños de Molgas, Carballeda de Avia, Celanova, Entrimo, Lobios, Muíños, O Barco de Valdeorras, O Pereiro de Aguiar, Oímbra, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Xinzo de Limia, San Xoán de Río, Castrelo de Miño, Riós, Cenlle, Lobeira, A Teixeira, O Carballiño, Maside e A Pobra de Trives.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, agradeceu a súa implicación aos axentes impulsores da iniciativa, entre os que destacan representantes políticos dos 27 concellos participantes e os técnicos responsables das axendas 2030. Este encontro serviu como escenario para sentar as bases das alianzas estratéxicas que permitan seguir avanzando nos ODS na provincia e representa importancia de xerar un relato en positivo para o rural. De feito, Menor amosouse orgulloso “de que a nosa provincia cumpra cos obxectivos ODS, dando as ferramentas para avanzar xuntos en materia de sostebilidade”. Neste senso, salientou a importancia destas iniciativas “que nos invitan a traballar dende o rural en prol de acadar obxectivos globais”. O presidente provincial tamén quixo recalcar que con este proxecto, a Deputación de Ourense dá un paso á fronte polo desenvolvemento sostible e a loita contra o cambio climático, xa que, “os ODS amosan o camiño a seguir nunha provincia na que temos moito que ensinar polo noso gran potencial en lonxevidade”.

Co OUDS A2030 realizáronse as Axendas 2030 municipais, visitáronse 12 capitais comarcais nas que se instalou unha carpa con material do proxecto, realizáronse obradoiros de ODS en 18 centros de educación infantil e primaria e concienciouse ao sector produtivo da provincia.

O acto de peche deste programa, que se realizou durante os últimos 6 meses, concluiu coa foto de familia dos participantes e a entrega dun distintivo a todos os concellos participantes en agradecemento e recoñecemento ao seu compromiso.

Relacionadas

A Xunta, o concello de Ourense e os praceiros asinan o protocolo para o...

0
― Goberno autonómico e municipal acordan unha cofinanciación máxima de 2M€ para as obras de adecuación que sexan consensuadas, investimento para o que a...

Luis Menor e José Ramón Lete reforzan a cooperación institucional a prol das infraestruturas...

0
O presidente da Deputación e o secretario xeral para o Deporte, Luis Menor e José Ramón Lete, respectivamente, mantiveron esta mañá unha reunión de...

O Auditorio de Ourense acollerá os días 8 e 9 de novembro o III...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Asuntos Sociais, Tamara Silva, participaron esta mañá no acto de presentación, na Praza...

A Xunta de Goberno autoriza a ampliación do prazo de execución das obras de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá en sesión extraordinaria e urxente autorizar a ampliación, nun mes e medio,...

Presentado o primeiro torneo de mus Concello de Ourense San Martiño, que se desenvolverá...

0
O salón de plenos acolleu esta mañá a presentación do primeiro torneo de mus Concello de Ourense San Martiño, que organiza a Asociación de...

Bombeiros do Concello de Ourense súmanse como voluntarios para colaborar nos traballos ante os...

0
Efectivos do servizo de prevención e extinción de incendios do Concello de Ourense sumáronse como voluntarios para colaborar nos traballos de emerxencia que se...

Publicacións Relacionadas