A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá en sesión extraordinaria e urxente autorizar a ampliación, nun mes e medio, do prazo de execución das obras de humanización e mobilidade vertical na contorna da Praza das Merecdes e a rúa Arturo Pérez Serantes. A nova data de remate das obras será o 23 de decembro de 2024. Tamén se autoriza a continuación provisional das obras, tendo en conta a modificación do proxecto aprobada.