Home A Coruña Ciencia e arte na segunda sesión do ciclo Contando Ciencia

Ciencia e arte na segunda sesión do ciclo Contando Ciencia

- Anuncio -

“A xenética no Museo do Prado” é o tema da conferencia programada para este xoves na Casa da Cultura de Fene, no marco do ciclo Contando Ciencia que organiza a Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino. A charla, prevista para as 19.30 horas, correrá a cargo do catedrático de Xenética da USC Gonzalo Álvarez Jurado. Entrada libre e de balde até completar o aforo.

En relación ao tema da conferencia, o relator Alvárez Jurado avanza que “os retratos dos reis da dinastía Habsburgo ubicados no Museo del Prado e noutras grandes pinacotecas do mundo foron usados por un equipo multidisciplinar de xenetistas e ciruxáns maxilofaciales para investigar a base xenética do rostro humano e, en particular, as consecuencias da consanguinidadee sobre a deformidade facial en relación ao prognatismo mandibular e a deficiencia maxilar.

Gonzalo Álvarez Jurado é catedrático de Xenética na Universidade de Santiago de Compostela, profesor ad honorem e foi director do Departamento de Xenética da USC durante 15 anos. A súa investigación centrase no campo da xenética de poblacións e a evolución. É autor de numerosas publicacións en revistas científicas internacionais. Actualmente está interesado nos efectos xenéticos da consanguinidade nas Dinastías Reais europeas e nas relacións entre a Xenética e a Historia.

Trala sesión deste xoves, o ciclo Contando Ciencia continuará o 16 de xaneiro cunha charla sobre Avances e desafíos da Intelixencia Artificial, a cargo da doutora en Informática pola UDC Verónica Bolón Canedo.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas