Home A Coruña O concello, presente nun programa europeo sobre a promoción do turismo sustentable

O concello, presente nun programa europeo sobre a promoción do turismo sustentable

- Anuncio -

A Laracha está representada nas figuras do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira Rocío López.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a edila de Servizos Sociais, Rocío López, representan ao Concello da Laracha no segundo encontro do proxecto GREENgaged Citizens: European Network for Local Climate Action (Cidadáns comprometidos coa Acción Climática Local) que se celebra nestes días en Santiago de Compostela.

Liderado polo municipio luso de Pinhel, participan nesta iniciativa representantes de trece países da Unión Europea (España, Portugal, Italia, Francia, Malta, Grecia, Eslovaquia, Eslovenia, Hungría, Países Baixos, Bulgaria, Lituania e Letonia).

O evento que ten lugar en Santiago de Compostela está dedicado a afondar na relevancia do patrimonio cultural europeo e as consecuencias que pode provocar nel o cambio climático, así como á promoción do turismo sustentable nunha cidade declarada Patrimonio da Humanidade. As conferencias céntranse en asuntos como as boas prácticas e estratexias na promoción turísticas que sexan sustentables e respectuosas co medio ambiente e o Camiño de Santiago como un exemplo de turismo sustentable.
Entre as autoridades presentes no evento están Carmen Pita, directora de Promoción de Turismo de Galicia, Ildefonso de la Campa, director da sociedade de xestión do Plan Xacobeo, e Xosé Manuel Santos, profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Os participantes tamén foron recibidos no Parlamento de Galicia polo seu presidente, Miguel Ángel Santalices.

O programa, que pretende sensibilizar á opinión pública sobre os valores da protección ambiental, a democracia, a participación activa, a solidariedade e a cooperación, está financiado pola Comisión Europea a través do programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV).

Relacionadas

Xabier Lama López gaña o premio dos XXXII Xogos Florais de María Pita

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, foi o encargado de entregarlle o seu segundo galardón ao xornalista O xornalista Xabier Lama López proclamouse...

Cineuropa 38, olladas á liberdade dende a pantalla de cinema

0
Do 7 ao 24 de novembro, Cineuropa programa máis de 130 filmes alén de concertos, debates, encontros con cineastas e actividades formativas nunha edición...

Inés Rey lembra o legado do coruñés Miguel López, ‘El Hematocrítico’, “que achegaba sentido,...

0
A alcaldesa presentou hoxe a mostra ‘Hematocrítico Ilustrado’, que lle rende homenaxe ao mestre e divulgador herculino, falecido hai case un ano e coñecido...

A Coruña consolídase como motor do audiovisual en Galicia coa segunda edición do FIGA

0
O Foro da Industria Galega do Audiovisual terá lugar entre os días 7 e 9 de novembro na Cidade das TIC baixo o lema...

O Ágora acolle desde mañá o Laboratorio Bibliotecario ‘Pensar as comitecas’

0
O Ministerio de Cultura elixe A Coruña para desenvolver este evento en colaboración coa Rede de Bibliotecas Municipais polo seu labor a prol do...

A Xunta de Goberno Local aproba a licenza para as obras de rehabilitación do...

0
O goberno local tamén deu o visto bo a catro permisos para outros tantos proxectos empresariaisA Xunta de Goberno Local vén de aprobar a...

Publicacións Relacionadas