Home A Coruña Inés Rey lembra o legado do coruñés Miguel López, ‘El Hematocrítico’, “que...

Inés Rey lembra o legado do coruñés Miguel López, ‘El Hematocrítico’, “que achegaba sentido, humor e humanidade na gran comunidade global da Internet”

- Anuncio -

A alcaldesa presentou hoxe a mostra ‘Hematocrítico Ilustrado’, que lle rende homenaxe ao mestre e divulgador herculino, falecido hai case un ano e coñecido pola súa obra de literatura infantil e xuvenil, tamén en redes sociais

A exposición, que contará cun espazo didáctico e creativo ideado para as nenas e nenos, estará aberta á cidadanía ata o día 6 de xaneiro

Ata o vindeiro 6 de xaneiro, o salón municipal de exposicións do Palexco acollerá a mostra ‘Hematocrítico Ilustrado’, unha iniciativa cultural impulsada polo Concello, en colaboración co Hemato Festi, para renderlle homenaxe a Miguel López, mestre e divulgador coruñés coñecido nas redes sociais como ‘El Hematocrítico’, falecido hai case un ano.

Ao acto inaugural da exposición asistiron familiares e achegados de López, figura central dunha mostra que, como subliñou a alcaldesa, Inés Rey, “lembra a unha persoa que deixou unha fonda pegada en nós como veciñas e veciños da cidade, mais tamén en milleiros de persoas na gran comunidade global que é a Internet”.

López, autor de obras de literatura infantil e xuvenil como Alcaldesa Vermella e Max Burbuja, “sacábanos sempre un sorriso coas súas publicacións nas redes, onde achegaba sentido e humanidade entre tanto e tanto ruído. Tamén moito humor. E ese legado, en clave positiva é o que precisamente queremos plasmar nesta mostra”

A mostra, comisariada por Matilde Rodríguez, recolle parte da mirada crítica e positiva da realidade que difundía Miguel López nas redes sociais, canles nas que expresaba a miúdo “a importancia de defender a infancia e os seus dereitos”, lembrou Inés Rey, que agradeceu expresamente a implicación e colaboración de Ledicia Costas e Alberto Vázquez para facer realidade esta iniciativa.

A mostra contará cun espazo didáctico ideado para fomentar a creatividade das crianzas
‘Hematocrítico Ilustrado’ conta, como un dos seus pratos fortes, cun percorrido creativo de ilustracións no que compañeiras e compañeiros de profesión de Miguel achegan as súas ideas en conexión coa súa obra. Son Albert Monteys, Alberto Vázquez, Cintia Hierro, Eugenio Ábalos, Laura Árbol, Mar Villar, Martín Romero, Olga Capdevila e Paco Roca.
Ademais, na mostra tamén se habilitou unha sección especial dedicada a El Hematocrítico de Arte, o primeiro grande éxito literario de Miguel López. En paralelo, haberá un espazo didáctico no que as nenas e nenos poderán experimentar coa escritura e a creatividade, coas mesmas ferramentas do Hematocrítico.

A maiores, a exposición contará cunha Biblioteca Hemato, un espazo de lecer cunha selección específica de contos e obras do autor.

A alcaldesa, Inés Rey, convidou a cidadanía a achegarse e gozar da mostra, que estará habilitada ata o 6 de xaneiro. “Coas datas do Nadal entre medias, será unha ocasión inmellorable para vivir moi de preto o universo do Hematocrítico”, subliñou.

Relacionadas

Xabier Lama López gaña o premio dos XXXII Xogos Florais de María Pita

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, foi o encargado de entregarlle o seu segundo galardón ao xornalista O xornalista Xabier Lama López proclamouse...

Cineuropa 38, olladas á liberdade dende a pantalla de cinema

0
Do 7 ao 24 de novembro, Cineuropa programa máis de 130 filmes alén de concertos, debates, encontros con cineastas e actividades formativas nunha edición...

A Coruña consolídase como motor do audiovisual en Galicia coa segunda edición do FIGA

0
O Foro da Industria Galega do Audiovisual terá lugar entre os días 7 e 9 de novembro na Cidade das TIC baixo o lema...

O concello, presente nun programa europeo sobre a promoción do turismo sustentable

0
A Laracha está representada nas figuras do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira Rocío López. O alcalde, José Manuel López Varela, e a...

O Ágora acolle desde mañá o Laboratorio Bibliotecario ‘Pensar as comitecas’

0
O Ministerio de Cultura elixe A Coruña para desenvolver este evento en colaboración coa Rede de Bibliotecas Municipais polo seu labor a prol do...

A Xunta de Goberno Local aproba a licenza para as obras de rehabilitación do...

0
O goberno local tamén deu o visto bo a catro permisos para outros tantos proxectos empresariaisA Xunta de Goberno Local vén de aprobar a...

Publicacións Relacionadas