Home Deputacións Deputación Ourense Bombeiros equipados con diverso material do Consorcio Provincial de Ourense parten cara...

Bombeiros equipados con diverso material do Consorcio Provincial de Ourense parten cara Valencia para prestar axuda á veciñanza afectada

- Anuncio -

Estes efectivos ourensáns partiron esta mañá desde o parque de bombeiros de Verín e acoden aos territorios afectados pola DINA en colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA)

O vindeiro luns está prevista a saída doutras dúas dotacións procedentes dos parques de Valdeorras e A Limia, para dar relevo as dotacións xa desprazadas ao lugar da catástrofe

Con motivo das graves inundacións producidas pola DINA en Valencia, dúas dotacións do Consorcio Provincial de Ourense partiron esta mañá cara os territorios afectados desde o Parque de Bombeiros de Verín. Estes efectivos acoden en colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e foron despedidos polo vicepresidente terceiro e deputado provincial de Emerxencias, Plácido Álvarez, acompañado polo xefe de sección de Emerxencias da Deputación, José Ramón Sánchez Feijóo.

As dotacións procedentes dos parques de O Carballiño-O Ribeiro e Verín, partiron do parque de bombeiros de Verín en dous vehículos 4×4 que van provistos de kit de bomba, material de limpeza viaria, bombas de achique, vadeadores, equipos de excarceración, equipos de iluminación, e o subministro suficiente para ser autónomos durante varios días.

O vindeiro luns día 11 de novembro está prevista a saída doutras dúas dotacións procedentes dos parques de Valdeorras e A Limia, para dar relevo as dotacións xa desprazadas ao lugar da catástrofe.

Relacionadas

Luisa Sánchez participa no acto de clausura dun proxecto de defensa persoal de Érguete-Integración

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou hoxe o Proxecto DANA, desenvolvido pola Fundación Érguete-Integración e subvencionado con máis de 4.300 €...

Rafa Domínguez participou como vogal no fallo do concurso de ideas para a rehabilitación...

0
O xurado deu a coñecer esta mañá o fallo sobre o proxecto de reforma integral do edificio histórico e da súa contorna O equipo gañador,...

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, clausura a xornada Alzheimer de Preto en Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou hoxe a xornada Alzheimer de Preto en Vigo, que a institución provincial organiza xunto a...

Luis López, coa secretaria de Estado de Turismo, Rosario Sánchez, na feira internacional WTC...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, intercambiou impresións este mércores coa secretaria de Estado de...

Luisa Sánchez participa na presentación do IV Festival de Órgano de Vigo 8pés

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores na presentación do IV Festival de Órgano de Vigo 8pés, organizado pola Orquestra...

A Deputación recibe unha achega de 47.000 euros da Xunta de Galicia para o...

0
Son 10.000 € máis que o pasado ano e permiten axudar a sufragar gastos derivados de 266 esterilizacións, 596 identificacións e 980 recollidas de...

Publicacións Relacionadas