Home Pontevedra A Lama Protección Civil Oitavén-Tea participa no dispositivo de axuda ás persoas afectadas pola...

Protección Civil Oitavén-Tea participa no dispositivo de axuda ás persoas afectadas pola DANA de Valencia

- Anuncio -

O alcalde Manu Lourenzo sinalou “o inmenso orgullo do Concello de Soutomaior coa súa veciñanza polas mostras de solidariedade” e fixo un chamamento a actuar con cautela e responsabilidade, “seguindo as indicacións dos organismos oficiais situados no terreo e colaborando unicamente a través destas vías”

Este martes pola noite 6 integrantes da agrupación de Protección Civil Oitavén-Tea, que presta servizo en Soutomaior, partiron cara a Valencia co obxectivo de participar no dispositivo de axuda nas zonas afectadas pola DANA da pasada semana. En concreto, Oitavén-Tea levará a cabo tarefas de limpeza e arrastre de cascallos no termo municipal de Massanassa. As e osintegrantes da agrupación desprazaronse xunto con outros nove efectivos das agrupacións de Protección de Valga e de Cangas. Os voluntarios traballaron en quendas de 72 horas, despois das cales regresaran, tal e como establece o protocolo sanitario activado polo risco de posibles infeccións e afectacións.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, quen onte mantivo na base de Protección Civil en Soutomaior un encontro con parte dos voluntarios que se desprazaron ata Valencia, sinalou que o Concello puxo a disposición da agrupación Oitavén-Tea o material técnico necesario para desenvolver as tarefas que se lle encomenden, tal e como solicitan desde a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Federación Valenciana de Municipios e Provincias (FVMP).

Así, os seis efectivos de Protección Civil Oitavén-Tea levaron consigo un xenerador de electricidade, alargadeiras e regletas, focos e elementos de sinalización, palas, escobóns, mazas, machadas, garrafas de gasolina, extintores, cableado e ferramenta variada.
O alcalde Manu Lourenzo agradeceu a disposición dos e das voluntarias de Oitavén-Tea, que están xa en Valencia desde primeira hora da mañá, para participar no dispositivo técnico coordinado coas diferentes autoridades que están traballando na zona afectada. “Sabemos que están alí achegando todo o seu coñecemento e a súa experiencia de maneira útil, achegando o seu gran de área a arranxar o desastre provocado pola DANA”.

Neste sentido, Manu Lourenzo subliñou as numerosas mostras de solidariedade da veciñanza de Soutomaior. “Sentímonos moi orgullosos da resposta que están dando os nosos veciños e veciñas antes esta situación”, sinalou o alcalde, quen tamén fixo un chamamento á cautela e a actuar con responsabilidade. “Pregamos que se sigan as indicacións dos organismos oficiais situados no terreo e que toda a colaboración se faga unicamente a través destas vías”, concluíu o alcalde de Soutomaior.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas