Home A Coruña Rueda destaca a conexión ferroviaria do Porto Exterior da Coruña como exemplo...

Rueda destaca a conexión ferroviaria do Porto Exterior da Coruña como exemplo do potencial de Galicia de converterse nun nodo de transvase de mercadorías

- Anuncio -

— Asegura que esta infraestrutura é “moi importante” para o “desenvolvemento económico de toda Galicia”

— Valora a aposta que se está facendo nestas instalacións por atraer proxectos relacionados coa transición enerxética, nomeadamente, no eido da eólica mariña

— Demanda un impulso real a outras infraestruturas ferroviarias, como o Corredor Atlántico, a chegada da alta velocidade a Ferrol ou a conexión con Portugal

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a futura conexión ferroviaria do Porto Exterior da Coruña co Eixo Atlántico é un exemplo de como Galicia pode converterse nun importante nodo de transvase de mercadorías, tirando proveito da combinación “do transporte ferroviario, marítimo” e pola estrada “que ten moitas potencialidades”.

Así o sinalou hoxe durante a súa participación no acto de inicio das obras da rede ferroviaria interior de Punta Langosteira. Este é un dos tramos que é necesario acometer para conseguir enlazar estas instalacións portuarias coa rede xeral. Rueda asegurou que este é un porto “moi importante para o desenvolvemento económico de toda Galicia”.

O titular do Executivo galego valorou que esta mellora no transporte permitirá aumentar as potencialidades do Porto Exterior, que xa está demostrando un gran crecemento nos últimos anos. Ao respecto, tamén puxo en valor a aposta que está facendo por atraer grandes proxectos relacionados coa transición enerxética e, máis en concreto coa eólica mariña, o que considerou que contribuirá a potenciar a industrialización de toda a área e, por extensión, de toda Galicia. “Aquí está o futuro, estanse a sentar as bases para que as enerxías verdes se instalen aquí”, indicou.

Recordou, ademais, que a posta en marcha desta conexión ferroviaria terá unha vantaxe engadida, pois permitirá acelerar a liberación de espazos no porto interior da Coruña e avanzar así de forma decidida no protocolo da Coruña Marítima, que une a varias administracións co obxectivo común de transformar esta zona da cidade.

Por último, apelou á necesidade de que esta aposta pola infraestruturas ferroviarias se estenda tamén a outras conexións que non están recibindo o impulso necesario por parte do Goberno central, como o Corredor Atlántico, a chegada da alta velocidade a Ferrol ou a conexión con Portugal. Ante isto, reclamou prazos e investimentos para facelas realidade e contribuír á competitividade de todo o territorio.

Relacionadas

A rúa Piñeiro quedará cortada ao tráfico durante unha semana para o seu asfaltado

0
Debido ás obras de acondicionamento da rúa Piñeiro en Iñás, para o estendido da nova capa de rodadura, será preciso cortar o tráfico durante...

A Xunta analiza coa Federación Galega de Xoiería medidas para promover o comercio local...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, abordou hoxe nunha xuntanza con...

Inés Rey: “Hoxe damos un novo paso decisivo para o futuro do noso Porto...

0
A alcaldesa interviu no acto de inicio das obras de ampliación do Porto Exterior de Punta Langosteira, financiadas con fondos Next Generation A alcaldesa, Inés...

Últimas entradas dispoñibles para ‘Mulleres que viven soas #MQVS’, este venres no Fórum Metropolitano

0
Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo interpretan a tres bruxas que dende a comedia amosan as historias das mulleres do rural As entradas...

A Xunta defende unha fronte común para reivindicar o avance na liña de alta...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes avogou no Parlamento pola necesidade de que institucións, entidades empresariais, autoridades portuarias e outros actores do...

Medio ambiente expón o seu sistema de coordinación para prever e actuar ante eventos...

0
― Ángeles Vázquez pon como exemplo a coordinación establecida entre MeteoGalicia e Augas de Galicia para predicir con maior precisión, de forma continua, automática...

Publicacións Relacionadas