Home A Coruña Neda impulsará charlas de concienciación ambiental nos coles dentro da Semana Europea...

Neda impulsará charlas de concienciación ambiental nos coles dentro da Semana Europea da prevención de residuos

- Anuncio -

Neda sumarase este ano á Semana europea da prevención de residuos, que se celebra do 16 ao 24 de novembro, programando charlas para o alumnado dos dous colexios públicos de infantil e de primaria do municipio. A iniciativa, destinada a impulsar as célebres 3R (redución, reutilización, reciclaxe), pon o foco este ano na importancia de loitar contra o desperdicio alimentario.

Da man de Ambigal 360, firma que xestiona a recollida do colector azul do municipio, o concello programará no CEIP de Maciñeira (día 19) e no CEIP San Isidro (día 20) accións de concienciación en distintas aulas, coa finalidade de que a rapazada reflexione sobre a cantidade de comida que vai ao lixo, e sobre necesidade de cambiar comportamentos cotiás e adoptar prácticas máis sostibles.
A iniciativa busca poñer sobre a mesa cuestións como a xestión ordenada dos alimentos e a urxencia de minimizar a cantidade de desperdicios que xeramos, co conseguinte impacto no medio ambiente.
En paralelo, nas sesións falarase das posibilidades de aproveitamento dos biorresiduos (restos de comida e vexetais), grazas á compostaxe doméstica, implantada xa en preto de 150 fogares de Neda.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas