Home O Morrazo Bueu Miguel Nuño Vázquez entrega ao concello de Bueu un novo tomo coa...

Miguel Nuño Vázquez entrega ao concello de Bueu un novo tomo coa historia do seu pai, o cirurxián don José Nuño Gallas

- Anuncio -

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este mércores pola tarde un recibimento a Miguel Ángel Nuño Vázquez – Garza, no que se fixo entrega dun novo volume da extensa obra dedicada aos Aldaos do Pazo do Casal. Despois de que hai uns meses agasallase ao consistorio co dedicado ao seu avó, nesta ocasión foi o do seu pai, o cirurxián don José Nuño Gallas.
Segundo explica o propio autor, a obra é o relato da vida de Nuño Gallas dende o nacemento e infancia na localidade mexicana de Torreón e a volta a España con fitos como a fundación do Sanatorio Nuestra Sra da Mercede ou a súa consulta en Pontevedra, na compañía da enfermeira Benita Rodríguez Domínguez. A través deles, a medicina elevouse ao seu máis alto nivel e tamén se tivo moi en conta ás persoas máis humildes e desfavorecidas.
Miguel Ángel Nuño Vázquez – Garza impartira en Bueu o ano pasado unha conferencia relativa ós Aldaos do Pazo do Casal en Bueu, froito de varios anos de investigación sobre o último dos Aldaos da vila e o seu fillo non recoñecido legalmente que fixo que o apelido pasase de Aldao aos Nuño …. Desa extensa obra, que abarca máis dunha decena de tomos inéditos, xa doou ao Concello algún volume, como o dedicado ao seu avó Lope Nuño Gómez, e agora o do seu pai.
Félix Juncal, alcalde da vila, agradeceu esta cesión “porque sempre é importante incrementar os fondos da nosa historia”. No acto estiveron presentes concelleiros e concelleiras da corporación municipal, ademais de Belarmino Barreiro, arquiveiro, e Arturo Cidrás, investigador local.

Relacionadas

Luisa Sánchez participa no acto de clausura dun proxecto de defensa persoal de Érguete-Integración

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou hoxe o Proxecto DANA, desenvolvido pola Fundación Érguete-Integración e subvencionado con máis de 4.300 €...

Un ‘Carnaval animal’ para desfrutar en familia en Tomiño

0
O auditorio de Goián volve acoller este domingo 10 teatro ás 17.30 hpara todos os públicos da man da compañía Luz, micro y punto....

300 alumnos e alumnas de Primaria asistiron hoxe á representación de “Wombo Combo”

0
A obra de Galeatro chegou ao Teatro Municipal dentro do programa +Escénicas da Deputación co colaboración do Concello de Tui Preto 300 alumnos e alumnas...

Lores: “O Campionato europeo de Ciclocross foi un éxito deportivo espectacular”

0
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores definiu esta mañá a celebración do Campionato de Europa de Ciclocross como "un éxito deportivo espectacular...

Ponteareas recibe o apoio da Dirección Xeral de Xuventude para o proxecto Ponte Interxeracional

0
• A Consellería de Cultura, lingua e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude vén de conceder 25.000€ • O Pontea Interxeracional recoñece a...

Ponteareas incorpora un novo Policía Local

0
A concellería de Seguridade do Concello de Ponteareas deu a benvida ao novo axente da Policía Local de Ponteareas que tomou posesión da súa...

Publicacións Relacionadas