Home Pontevedra Protección Civil e Policía Local de Redondela colaboran no terreo cos afectados...

Protección Civil e Policía Local de Redondela colaboran no terreo cos afectados pola DANA

- Anuncio -
  • U grupo de voluntarios de Protección Civil parten mañá cara Valencia con máis de 2.000 quilos de axuda. A alcaldesa explica que o envío está a coordinarse cos policías de Redondela desprazados na zona “xa que a situación alí é de colapso e son os nosos axentes os que xestionaron a onde trasladar as doazóns”.
  • Rivas agradeceu aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil “o seu traballo e entrega” e tamén “a axuda do pobo redondelán e das empresas Autos González e Autos Brea que unha vez máis son un gran exemplo de solidariedade”.

Un grupo de voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Redondela desprazaranse mañá venres a Valencia para axudar en tarefas de limpeza, seguridade e apoio na zona afectada pola DANA. Nos últimos días recolleron multitude de doazóns no Multiúsos da Xunqueira de alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene, material de limpeza e roupa que serán trasladados a Valencia. Son máis de 2.000 quilos de axuda os que van trasladar a Valencia nun vehículo de Protección Civil e dous furgóns cedidos por Autos González e Autos Brea.
Esta axuda súmase á que desde o pasado luns prestan na zona cinco Policías Locais de Redondela, e que tamén levaron alimentos e enseres de primeira necesidade que foran doados pola veciñanza. Os axentes a traballar na localidade de Benetússer en tarefas de limpeza e vixilancia grazas a un convenio coa Generalitat Valenciana.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Interior, Rita Pérez Táboas, supervisaron o material que se vai enviar mañá a Levante. Rivas explica que o envío está a coordinarse cos policías de Redondela desprazados na zona, “xa que a situación alí é de colapso e son os nosos axentes os que xestionaron a onde trasladar as doazóns”. Rivas explica que desde o Concello non se envíou a axuda ata o de agora “para ter claro a onde podía trasladarse o material e en que condicións”. Rivas agradeceu aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil “o seu traballo e entrega” e tamén “a axuda do pobo redondelán e das empresas Autos González e Autos Brea que unha vez máis son un gran exemplo de solidariedade”.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas