Home Pontevedra Campo Lameiro Un total de 40 postos estarán presentes este domingo na V Romaría...

Un total de 40 postos estarán presentes este domingo na V Romaría Mercado Aresanal de San Martiño de Penalba que terá un carácter solidario especial con Valencia

- Anuncio -

Recollerase axuda humanitaria que será entragada ás vítimas da Dana que asolou gran parte da albufeira valenciana

Un total de 40 postos de exposición confirmaron xa a súa presenza na V Romaría Mercado Artesanal de San Martiño de Penalba organizada polo cura párroco Fermín Santiago Iglesias e a Asociación Interparroquial de Campo Lameiro e que terá lugar este domingo día 10 de novembro a partir das 10 horas da mañá cun carácter solidario especial coas vítimas da Dana de Valencia.
A xornada contempla unha parte adicada á súa vertente relixiosa con dúas misas, unha rezada, ás 10 e outra cantada ás 12:00 horas na capela de San Antonio de Penalba, lugar que concentrará toda a actividade festiva e relixiosa do domingo 10 de novembro.
Así, o mercado artesanal, que abrirá ao público ás 10 horas da maña, contará con 40 expositores que amosarán baixo unha carpa xigante instalada na explanada da área recreativa de San Antonio de Penalba, en Campo Lameiro, as súas creacións e mercadurías diversas.
Habilitarase tamén un espazo para que aquelas persoas que queiran achegar axuda humanitaria para as vítimas da Dana de Valencia poidan achegar os seus donativos en alimentos non perecedeiros, produtos de hixiene persoal, desinfectantes, etc. para que poidan ser trasladados, posteriormente, a través dos condutos oficiais para que cheguen aos damnificados.
Colaboran con esta iniciativa de dinamización rural, ademais do Concello, o CD Campo Lameiro, Termas de Cuntis, o PAAR, Mapfre Cuntis, Bar Kallejas,

a Asociación Santa Mariña de Fragas, A Casa Rural A Avoa María, a Coral Polifónica de Campo Lameiro, Estación de Servizo Peineto e Casa Tito.
Para amenizar a xornada, haberá diferentes actuacións musicais comezando polo grupo de música tradicional Nós Tamén Imos, da Insua (Ponte Caldelas) que estarán tocando desde as 11 horas e na sesión vermú o protagonismo musical correrá a cargo da Banda de Gaitas Os Xeitosos da Insua.
Haberá postos de xantar habilitados pola organización, especialmente o bar, polbo á feira, churrasco, carne ao caldeiro e os callos facilitados pola coñecido e afamado Bar Timonel e, pola tarde, a partir das 16 horas, tomarán o relevo musical a Charanga Fanfarria Furruxa e Marietta.

Relacionadas

O luns abre o prazo de inscricción para o Campamento de Nadal

0
● Poden participar nenos e nenas de 3 a 12 anos e desenvolverase os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2024...

O BNG presenta as enmendas aos orzamentos da Xunta de Galiza

0
As emendas presentadas polo BNG inclúen a mellora do transporte público, a creación de novos viais, o abastecemento de auga e saneamento en núcleos...

A Deputación leva este domingo ao Rosal o circuíto +Escénicas con “DeseXo”, de Talía...

0
O espectáculo de teatro xuvenil e adulto poderá verse ás 19:00 horas no Auditorio municipal +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con...

O Congreso aproba unha iniciativa do PP para que en Pontevedra constrúase unha nova...

0
• A deputada do GPP, Irene Garrido, defendeu a necesidade de crear unha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) en Pontevedra que reforce a...

A Deputación leva ata Cerdedo-Cotobade un ciclo de curtametraxes no marco do Ciclo Mestre...

0
As pezas poderán verse este domingo no centro cultural de Cerdedo ás 18:30 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega...

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

Publicacións Relacionadas